|
|
 |
O
consenso das directivas. Alternativa
Veciñal
Esclarecedora enquisa de ¡Que!
o mércores, 4 de Outubro de 2006. A noticia redactada polo xornalista
Antonio Albadalejo asómanos á crúa realidade. Ao 40% dos cidadáns
que responderon á enquisa non lles soa o PXOM ¡logo de 6 anos!;
e o 74% non está interesado. Que un concello aprobe un Plan Xeral
ilegal, e o que alegaron máis de 80.000 firmantes, e que máis de
21.000 sinaturas pediron que se lles consultase expresamente, ¿non
lles interesa? Consideran que o urbanismo é cousa de políticos ¿Consideran
tamén que estes poden autorizar aos promotores e constructores a
destruír a paisaxe e a calidade de vida? Obsérvese que ao 14% de
vigueses nin lle soa nin lle interesa o PXOM de Vigo. ¿Como pode
a Sra. Porro e o Sr. Figueroa, á vista desta enquisa, dicir que
falan en nome dos cidadáns? ¿A que veciños representa a presidenta
da FAVEC e os representantes dos sindicatos CCOO, UGT e CIG? Hoxe
os autodenominados axentes sociais son realmente axentes da propiedade
inmobiliaria ¿Con quen estaban no convenio do metal y con quen están
na aprobación do PXOM de Vigo, Barreras o Aproin? En ningún sitio
consta que tomen as súas decisións respecto do PXOM democráticamente
e que promoveran un debate profundo nas súas bases sobre a planificación
urbanística en Vigo. Patética e vergonzosa é a posición da FAVEC
por seguir defendendo o PXOM en contra dos veciños, que se manifestan
na rúa, que fixeron milleiros de alegacións e ás que se lles negou
o referendo. Contraditoria e ridícula cando contratan o asesoramento
do Colexio de Arquitectos, e o mesmo alega en contra do PXOM, mentres
a FAVEC o aproba. O repetido consenso do Plan non é máis que o CONSENSO
DAS DIRECTIVAS que abusando da lexitimidade na súa elección, pretenden
facer tamén lexítimas calquera das súas decisións aínda que vaian
en contra dos seus representados, os seus estatutos, a democracia,
a lei, e o interese xeral. Todo fronte a uns cidadáns que nin lles
soa nin lle interesa. Alternativa Veciñal desde unha posición cidadá
crítica e constructiva levou adiante un informe xurídico que di
que o PXOM de Vigo é nulo de pleno dereito e debe denegarse a aprobación
definitiva. Promove accións para sacar aos cidadáns da pasividade
e o aburrimento á que os conducen os intereses políticos e económicos,
e informa do negativo e prexudicial que vai ser para todos os cidadáns
este Plan Xeral. É moi probable que os que sopran para inflar a
burbulla inmobiliaria, non estean dando a cara cando estale. Será
a Xunta de Galicia a que teña que responder se non demostra cordura
e valentía para parar o PXOM de Vigo e evitar males maiores, O que
si é seguro e que o, pagaremos caro todos os cidadáns, como ven
sendo habitual coas ilegalidades habidas no urbanismo vigués.
09/10/06
|
|
|
|
 |
|