|
|
 |
A
xustiza do BNG.
Canto ao asunto de Pedro Gómez Valadés, tenno difícil
o Consello Comarcal do BNG de Vigo pra tomar unha decisión.
De princípio o Consello submeteu a votación a proposta da
Executiva Nacional, isto é, que non existía nengún tipo de
incompatibilidade para continuar no BNG sempre e cando Pedro
non vinculase as súas actividades asociativas pró-israelitas
co BNG. A proposta foi aceita con unha esmagadora maioría.
Quer dicer, decidiuse non expulsalo.
Mais despois diso solicitouse ao militante Pedro que abandonase
os seus cargos no Consello Comarcal, e ao non demitir, da
asembleia saiu unha nova proposta que consistía en solicitar
ao Consello a súa expulsión. Esta última proposta saíu adiante,
con menos apoios que a primeira. Pergúntome por qué os responsábeis
do Consello Comarcal permitiron que se votase a proposta de
expulsión cando xa a asembleia tiña decidido non expulsalo.
Cal das dúas propostas aprobadas é a válida: a primeira, a
máis apoiada ou a última? Días máis tarde Anxo Quintana saía
na imprensa respondendo á carta na cal algúns militantes do
BNG lle pediamos que Pedro non fose expulso por ter opinións
distintas ás da maioría, e a súa resposta foi contundente,
ao dicer que "o BNG non abriu nengún expediente de expulsión
contra nengún compañeiro polo feito de pertencer a nengunha
asociación, nen israelí, nen de nengún outro tipo, nen o abrirá
nunca".
O Consello Comarcal non quer neste momento, a un mes da campaña
eleitoral, abrir expediente de expulsión a Pedro sen cuestionar
o liderado do porta-voz do BNG, e o máis importante, enfrentarse
á opinión pública. Mais tampouco é de xustiza para Pedro nen
para o resto de militantes do BNG que pertencen à Asociación
de Amizade con Israel, continuar adiando a cuestión como se
nada tivese acontecido. Por iso, e non sendo que se pretenda
aguardar a depois das eleicións para abrir o expediente, o
Consello Comarcal debe decidir xa non abrirlle expediente
de expulsión.
Florentino
Pinheiro Vasques e outras 65 sintaturas
24/04/07
|
|
|
|