|
|
 |
Queren máis recheos en Vigo
O que fora presidente da Autoridade Portuaria de Vigo,
García Pedrosa, tentou daquela seguir cos recheos, porque
a sustentabilidade dun porto estaba na garantía de poder "crecer
ilimitadamente", decía el. Como se a ría de Vigo non fose
un espacio finito, brutalmente ferido pola estulticia das
autoridades, polos recheos de carácter irracional, no Areal,
en Bouzas, en Cangas, pola contaminación que castiga Europa,
etc. Daquela tamén, unha muxica de luz pareceu agromar na
cabeza de Lois Pérez Castrillo, que se opuxo á pretensión
de hipotecar máis o mar, o mar de Vigo.
A súa denuncia está no TSXG, que acaba de fallar en contra,
asunto no que algún grupo terá algo que decir, que se alzar
ó Tribunal Supremo do Estado, que en certos asuntos parece
sé-lo depositario da razón, do xuicio, do sentido común, de
que o Alzheimer non está a condiciona-las súas decisiós. Da
súa rectitude é boa mostra a recente sentencia no caso do
ferrocarril pola praza dos Praceres, en Pontevedra. Pero alguén
quere volver co Alzheimer, coa negación das leis, nese como
en outros casos.
Nos asuntos do respeto medioambiental, os políticos parecen
todos tontos. Sí aprenderon o discurso do Estado de Dereito,
no que están a mascaren decote como se fose chicle, pero aínda
tendo infiltrados nas ditas Autoridades, e vocalías con firma,
vése que están por non aprenderen a lección. Virán de novo
xornadas tensas en Vigo; han seguir en Pontevedra, sobre de
todo coa "perla" do Surís que lles caeu, que non parece parece
mellora-las actuaciós anteriores de Ramallo e Iribarren. E
han seguir falando, seguro, de Estado de Dereito, o chicle
que non acaba.
Os políticos teñen, por necesidade, que telos ben postos,
ou non ir á política, porque axiña se lle notan as carencias.
Teñen que telos, quero decir, porque nalgús casos parece que
non hai sexo. E máis alá do que lles dicten dende certos clústers,
impoñe-las leis emanadas polo goberno dese Estado de Dereito
do que falan, aínda que as teñan que estudiar antes.
Xesús López
20/06/07
|
|
|
|