Avaliación
Ambiental do PXOM de Vigo, Alternativa
Veciñal
Carta enviada ao conselleiro de Medio Ambiente, Alternativa
Veciñal
SR. CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE,
DA XUNTA DE GALICIA.
PARTE MÉDICO DO PACIENTE:
PXOM VIGO O PACIENTE AGONIZA, PERO A SÚA EVOLUCIÓN SOMETERASE
A TODOS OS CONTROIS MÉDICOS PARA GARANTIR QUE SE MORRE SEN
MAIORES PROBLEMAS.
Asdo. O Doutor, Pachi Vázquez (Conselleiro Medio Ambiente)
.. A AVALIACIÓN DEVALÚASE ..
A avaliación ambiental estratéxica (AAE) é máis que realizar
controis; é aplicar os principios de sostenibilidade. A avaliación
ha de ser estratéxica: ha de realizarse ao principio (principio
de precaución e principio de prevención) e ha de ser global
(antes que avaliar os plans parciais). Ademais hase de realizar
con transparencia e coa participación cidadá e incorporando
os informes sectoriais.
Non se pode recoñecer que a destrución (do rural) -ou unha
guerra- non está xustificada e logo proclamar que se fará
con todas as garantías ambientais (ou respectando os dereitos
humanos). O Doutor Pachi di aos xornalistas que ao paciente
váiselle a garantir un correcto seguimento e control.
Pero o Doutor Pachi comete unha fatal e imperdoable neglixencia
médica ao realizar o diagnóstico do PXOM de Vigo: "Non hai
deficiencias de tipo sustantivo; non haberá que corrixir nada".
A verdade é que o paciente está en estado crítico e debe ser
intervido con urxencia. A arrogancia e ignorancia levan a
actuar irresponsablemente e con lixereza. E o Doutor Pachi
-e o seu equipo- comete un erro médico. E aínda atrévese a
dicir que co seu tratamento o paciente "vai cumprir".
29/03/08
|
|
|
|
|