Non
aos recheos na Ría Colectivo
Bouzas Móvete
Unha vez mais se demostra que a cobiza do Porto non ten
límite, agora din que precisan 230.000 m2 mais de recheo para
ser competitivos até o ano 2015, e despois que? seguiran recheando
a Ría até convertila nun canal portuario? Desde o Colectivo
Bouzas-Móvete levamos un par de anos dicindo que se queren
gañar espazo deverian retirar as naves e industrias que non
estan relacionadas coa actividade portuaria, cousa da que
se empeza a falar agora, aunque con condicionantes, de se
aparece terreo perto, de se esperan a que caduquen as concesións...
Mais estas concesións foron feitas de xeito ilegal, incumplindo
sistematicamente o artículo 32.1 da Lei de Costas, por unha
directiva do Porto que xa falaba de falta de espazo e da necesidade
de recheos, en aquel momento. Do que non se fala, é do traslado
das enormes naves de Zona Franca que tampouco deberian estar
ubicadas no porto, e que si liberarian muito espazo. Tampouco
falan, por suposto, de armacenar os veiculos da Citroën en
outro lugar.
Que sentido ten formigonar a Ría para fazer un armazén de
veiculos? Os veiculos de Citroën e de outras marcas so deberian
estar no Porto no momento de embarcar e non estar armazenados
alí. No Porto de Vigo hai espazo de abondo, ao longo dos dez
Km. de instalacións poartuarias que teñen desde Bouzas a Rande,
o que pasa que está moi mal xestionado. Como se explica que
portos como o de Leixões en Portugal, coa mitade de superficie
mova o doble de contentores que o de Vigo, e que peiraos como
o de Saint Nazare en Franza adicados a o tráfico de veiculos
non teña superficie de armazén de veiculos e funcione perfectamente?
O Porto debe ser un lugar de paso de mercadorias non un armacén.
Tamén se fala neste proxecto de liberar zonas portuarias para
a cidade, Nos pensamos que a Autoridade Portuária debería
utilizar os metros cadrados de que dispón actualmente, reordenar
realmente o porto de Vigo, aproveitar adequadamente os seus
recursos e non estragar a nosa fonte de riqueza mais importante
que é a Ría.
Ademais o trafego portuario deberia repartirse entre os demais
portos galegos como o de Marín ou Vilagarcia e non estar a
competir con eles. A Autoridade Portuaria confunde os intereses
das Multinacionais cos intereses da cidade, e nunca lles vai
chegar o espazo que teñen, nin no Porto nen fora do porto,
como a desfeita que fixeron en Salvaterra, co nome de Porto
seco, e que agora se dan de conta que esta demasiado lonxe.
Estam estragando a diversidade de usos da Ría, como a pesca,
o marisqueo, a hostelaria ou o lecer en beneficio exclusivo
da actividade portuaria.
Esta Ría constitue un dos ecosistemas con mais producción
biolóxica do mundo, e en vez de aproveitar esta condición,
que si proporciona postos de traballo e riqueza, se adican
a formigonala. Lembremos que no lugar onde hoxe está o macro-recheo
de Bouzas, atopábase o banco de ameixa mais productivo de
toda a Ría, pasando de producir 940 toneladas no 1967 a tan
só unha no 1986, devido aos aterramentos. A Autoridade Portuaria
é un Cancro para a Ría e para todos os municipios da comarca,
cancro que se irá estendendo, se non se lle pon límite, até
acabar definitivamente coa Ría.
31/03/08
|
|
|
|
|