 |
noticiasgalicia.-
As
Ligas Linco Linorsa regresan unha tempada máis ás pistas de Balaídos
e Navia, pista esta última que foi a protagonista da posta en marcha,
o pasado venres día 27 de xaneiro do 2012, destas competicións interescolares
organizadas un ano máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
Os 18 equipos inscritos que xogarán nas dúas Ligas Internas de Colexios
se deron cita no polideportivo de Navia para dar o pistoletazo de saída
das competicións.
Na 10ª Liga Interna de Colexios, dirixida a nenos e nenas de 6 a 12
anos, participarán seis equipos benxamíns e seis equipos alevíns; participando
seis combinados na 3ª Linco Linorsa XL, dirixida a rapaces e rapazas
infantís e cadetes de 13 a 16 anos. Con preto de 200 xogadores e xogadoras
procedentes das diferentes escolas deportivas organizadas e dirixidas
polo club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia (CEIP Seis do Nadal,
Illas Cíes, Javier Sensat, Pintor Laxeiro, Doutor Fléming, CPI Celso
Emilio Ferreiro e as tres escolas deportivas municipais de Berbés,
Balaídos e Navia), as Ligas Linco vivirán nesta nova tempada dúas novas
edicións cun alto nivel de participación.
Esta xornada inicial de presentación tamén reuniu ao grupo de árbitros
e oficiais de mesa das Ligas Linco, o maior grupo da historia das Ligas
Linco, formado por máis de trinta xogadores e xogadoras integrantes
dos equipos federados de categoría cadete e júnior do Seis do Nadal
- Coia que aproveitarán as competicións interescolares para formarse
como árbitros de baloncesto. Esta primeira toma de contacto entre tódolos
participantes das Ligas Linco Linorsa foi presenciada por D. Manel
Fernández, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, encargado de
poñer o broche de ouro á xornada acompañando aos nenos e nenas na foto
final que supuxo o inicio das ligas escolares.
A partir do próximo venres día 3 de febreiro dará comezo a competición
oficial das Ligas Internas de Colexios. A primeira xornada da 10ª Liga
Linco 2012 terá lugar no pavillón de Navia desde as 16:15 e ata as
18:00 horas, sendo a celebración dos primeiros partidos oficiais da
3ª Liga Linco XL no polideportivo de Balaídos de 18:00 a 19:00 horas.
|