 |
noticiasgalicia.-
O
vindeiro venres, 10 de febreiro, será asinado oficialmente o protocolo
de creación da Eurocidade Tui Valença / Valença-Tui nun acto institucional
a celebrar na antiga Alfándega de Valença e no que asistiran o presidente
da Cámara Municipal de Valença, o alcalde do Concello de Tui, un representante
da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte e un
representante da Xunta de Galicia en representación tamén da Comunidade
de Traballo Galicia Norte de Portugal, cuxa presidencia ostenta actualmente
a nosa Comunidade Autónoma.
A sinatura deste protocolo culmina ao proceso iniciado coa aprobación
por parte do Pleno da Assembleia Municipal valenciana e da Corporación
Municipal tudense deste acordo de cooperación entre ambos municipios
que buscan así promover as sinerxías mutuas e potenciar a colaboración
en múltiples materias en beneficio dos cidadáns de ambos municipios.
Xa ao longo dos últimos meses Tui e Valença teñen colaborado en numerosas
iniciativas de carácter conxunto.
Dende a recente participación na Feira Internacional de Turismo (Fitur)
en Madrid ou anteriormente na Expogalaecia, á diversas competicións
deportivas, actividades culturais como a Cabalgata de Reis, actuacións
de caracter medioambiental como a plantación do bosque da Eurocidade,
etc.. son algunhas das actividades xa desenvolvidas ao abeiro desta
colaboración. Como símbolo desta Eurocidade os responsables de ambos
municipios teñen elixido o anagrama gañador no pasado ano das conmemoracións
do 125 aniversario da inauguración da Ponte Internacional. Este logotipo
moderno pero representativo desta ponte metálica que simboliza a unión
de ambas cidades e as súas xentes foi adaptado polo seu autor Miguel
Amenedo para esta nova función de representar á Eurocidade.
|