|
noticiasgalicia.-
Dende a Asociación de Discapacitados
do Baixo Miño Vontade informamos a todos os medios de comunicación
do I Concurso de Guións de Curtametraxes "Integrando Capacidades".
Trátase dun concurso que pretende achegar a través do audiovisual unha
visión normalizadora e positiva da discapacidade. Para poder participar
podedes atopar as bases do noso concurso na nosa páxina de Facebook,
Tuenti e solicitándonos información a través do correo electrónico
tsocial@vontade.org ou chamando ao (986) 62.30.44 .
I Concurso de Guións: Integrando Capacidades
1.- A participación no concurso está aberta a todos os/as guionistas
de calquer nacionalidade, tanto de forma individual como colectiva.
2.- A temática versará sobre a integración das persoas con discapacidade.
Os guións poden estar escritos en galego, castelán ou calquera outro
idioma, aínda que se rodará sempre en galego. O proxecto que se presente
debe constar de:
Unha sinopse argumental ( máximo 1 páxina) … Unha memoria explicativa
(máximo 1 páxina)
Un guión para curtametraxe dunha duración estimada non superior a cinco
minutos (valoraráse unha posta en escea sinxela).
Unha ficha cos datos persoais do/a autor/a e o xustificante de que
a obra é orixinal e que posúe os dereitos sobre a mesma. Debe acompañar
dunha copia do D.N.I. e envialo todo ao seguinte enderezo: A.D.B.M.
Vontade R/ San Benito nº 34 A 36.740 Tomiño (Pontevedra)
3.- Os guións presentados deben ser orixinais, non comercializados
nin premiados con anterioridade en algún outro concurso de similares
características.
4.- O premio será a realización da curtametraxe e a súa exhibición
ao público nun acto final como remate do concurso.
5.- O xurado estará formado por diferentes membros/as representantes
do mundo audiovisual, representantes das diferentes empresas colaboradoras
e presidido polo Presidente da Asociación Vontade. Valoraráse que as
curtas teñan unha visión positiva e integradora das discapacidades.
Tamén terase en conta a adecuación da curta ao orzamento do que se
dispón para a súa realización.
6- Os/as organizadores/as deste concurso, por cesión dos/as autores/as,
serán os/as posuidores/as exclusivos de todos os dereitos de explotación
da proposta premiada, e producila segundo conveña, e incluso encargarlle
a produción a un terceiro, respectando sempre os dereitos de autor
recoñecidos na Lei de Propiedade Intelectual.
7.- A participación no concurso supón a aceptación destas bases.
8.- O prazo para presentar os guións será até o 10 de Febreiro de 2012.
A decisión do xurado será inapelábel. O premio podería quedar deserto
por decisión do xurado, en caso de baixa calidade das propostas ou
falta de financiamento por parte da Asociación.
|