lunes. 04.07.2022
Padrón (A Coruña)

2.400 personas participarán nos once eventos deportivos da Pascua de Padrón

A 38ª Carreira Popular, a X Andaina Bisbarra do Sar e o torneo benéfico de fútbol sala Terras de Iria serán os máis concorridos.

O Concello de Padrón vai acoller a un total de 2.400 deportistas nos once eventos que se van celebrar no marco do programa de actividades da Pascua 2017, segundo se desprende dos datos de inscrición das distintas competicións. Entre elas destacan, polo volume de participantes, a 38ª Carreira Popular, a X Andaina Bisbarra do Sar, que xa tivo lugar o pasado día 1, e o I Torneo Benéfico de fútbol sala Terras de Iria. O calendario deportivo da Pascua padronesa é o seguinte:

 

padron-eventos-pascua

 

Ademais, tamén haberá outras probas, como o I Campionato de Pascua de Padrón de Agility no Campo da Barca, o Campionato de Fútbol Sala para adultos organizado polo Club FS Stellae no pavillón do Grupo Escolar ou a I Ruta de Marcha Nórdica cun percorrido de dez quilómetros que arrancará da Praza de Macías o Namorado.

 

O alcalde padronés, Antonio Fernández Angueira, quixo poñer en valor o amplo calendario de torneos e probas da Pascua 2017, que dá acubillo a practicamente todos os deportes, tanto os maioritarios como aqueles menos coñecidos entre o público: “Con once competicións, moitas delas con gran prestixio en toda Galicia, como a Clásica de Ciclismo, e sen esquecer certas doses de solidariedade grazas ao torneo benéfico, o mundo do deporte mira indubidablemente cara Padrón nestas datas”, explicou.

2.400 personas participarán nos once eventos deportivos da Pascua de Padrón
Comentarios