viernes. 31.03.2023
Padrón | A Coruña

A orquestra Arkadia ofrece este venres en Padrón a actuación aprazada onte por mor do temporal

O concelleiro de Festexos de Padrón, Ángel Rodríguez Conde, informa que a orquestra Arkadia, que onte se viu obrigada a suspender a súa actuación nas Festas da Pascua por mor das condicións meteorolóxicas adversas, ofrecerá mañá o seu espectáculo a partires das 21.00 horas na Praza do Fondo da Vila.

Ademais de invitar a tódolos padroneses a acudir a esta verbena, Ángel Rodríguez Conde adianta tamén a disposición das atraccións infantís e feirais de abrir tamén mañá pola tarde para "tentar compensar a escasa actividade debido á chuvia dos últimos días".

En canto ao venres, o edil de Festexos lembra que ademais do concerto de Eladio y Los Seres Queridos e da Noite Dj Indie que xa estaban previstos na Praza do Fondo da Vila, o grupo Astarot ofrecerá o concerto aprazado, a partires das 22.00 horas no Paseo do Espolón.

A orquestra Arkadia ofrece este venres en Padrón a actuación aprazada onte por mor do...
Comentarios