sábado. 03.12.2022
Turismo

Arousa Norte centra a súa programación 2018 na promoción estatal e internacional da súa gastronomía e nas ofertas deportiva e patrimonial

O Pleno da Mancomunidade Arousa Norte deu o visto e prace á programación da entidade para ese 2018 que se centra na potenciación da oferta gastronómica, os eventos deportivos e a recuperación e rehabilitación de varios edificios e monumentos emblemáticos da comarca que se unirán á rica oferta patrimonial turística de Arousa Norte.

O Pleno da Mancomunidade Arousa Norte deu o visto e prace á programación da entidade para ese 2018 que se centra na potenciación da oferta gastronómica, os eventos deportivos e a recuperación e rehabilitación de varios edificios e monumentos emblemáticos da comarca que se unirán á rica oferta patrimonial turística de Arousa Norte. A xuntanza estivo presidida polo alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, e nela participaron os demais alcaldes da entidade –Boiro, Rianxo e Riveira-, ademais da xerente, Maruxa Ledo.

 

Os membros do Pleno aprobaron a participación de Arousa Norte en varias feiras turísticas de carácter nacional cun stand propio que amosará a calidade dos produtos e da gastronomía local e incluirá presentacións de destino enfocadas ao turista cultural que busca produtos de calidade e que ten un maior gasto medio que se acentúa naqueles procedentes dos mercados estranxeiros.

 

Así, coa proposta gastronómica, Arousa Norte participará en xuño en Turexpo, en Silleda, e en novembro na Feira Intur de Valladolid. Con estas actuacións, “Arousa Norte daralle un impulso importante no que atinxe á atracción de turistas nacionais, acudindo a importantes citas nas que participará cunha presenza singularizada”, segundo apuntou o presidente de Arousa Norte.

 

Campionato de España de Voleibol

No ámbito deportivo, Arousa Norte está traballando para acoller a celebración do Campionato de España Infantil Masculino de Voleibol que se desenvolverá no mes de maio en terras de Arousa Norte. Esta cita vén a formar parte da axenda de eventos deportivos de Arousa Norte, entre os que se atopan o Circuíto Catro Carreiras e unha meta e o Trail Series Arousa Norte, entre outros.

 

O Pleno da Mancomunidade tamén acordou iniciar os trámites necesarios para a sinatura dun acordo coa Deputación Provincial de A Coruña para acometer o programa. As idades da pedra, mediante o cal se procederá á rehabilitación e reacondicionamento de distintos monumentos ou espazos arquitectónicos de cara a incrementar ou mellorar os recursos patrimoniais deste destino turístico. Tamén no capítulo de melloras, a Mancomunidade Arousa Norte procederá a desenvolver un proxecto de sinalización dos recursos e espazos turísticos de toda a comarca, para o que contará coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia.

 

Tamén con esta entidade, Arousa Norte asinará un convenio bianual, no marco do cal se realizarán adaptacións para mellorar a accesibilidade a distintos enclaves turísticos, se fomentará o turismo náutico e a proposta gastronómica desta comarca. Finalmente, o Pleno da Mancomunidade aprobou tamén os pregos e o inicio do expediente de licitación do contrato para a prestación do servizo de Xerencia da Mancomunidade.

Arousa Norte centra a súa programación 2018 na promoción estatal e internacional da súa...
Comentarios