O centro de Día de Rois, centro da rede de centros de maiores da Xunta de Galicia ten entre os seus obxectivos achegar ás persoas maiores todas as tradicións, celebracións, festividades e conmemoracións da lingua e da cultura galega. Trátase de implicar e facer partícipes das mesmas a todas as persoas usuarias dos centros a través destas actividades extraordinarias rompendo así coa rutina cotiá. Como eles mesmos se definen, son o Centro máis marchoso de Galicia así o atesouran superando a treintena de saídas no 2022, reto que pretenden superar neste ano e van a por todas. “Nesta ocasión aproveitamos para celebrar a tradicional festa da Pascua cunha saída a Padrón onde os maiores do Centro degustaron o polbo á feira e percorreron o espolón e tamén o campo da feira lembrando cómo cambiou todo dende que eles eran mozos e xa desfrutaban desta festa” segundo refire María Vilas, Directora do Centro.
O centro de día de a Rois vai de romería
O centro de Día de Rois, centro da rede de centros de maiores da Xunta de Galicia ten entre os seus obxectivos achegar ás persoas maiores todas as tradicións, celebracións, festividades e conmemoracións da lingua e da cultura galega.
10 de abril de 2023, 14:32