domingo. 08.12.2024

A Sociedade Cooperativa Galega del Mar Santa Eugenia obtivo o recoñecemento
como Organización de Produtores Pesqueiros de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, OPP-
83, en maio do 2019.
O Lirio da OPP83 conta cun etiquetado que especifica e indica a calidade dese produto en lonxa a
través da marca Lirio de Ribeira.
Así, e deste xeito, a OPP está contribuír á trazabilidade dos produtos de pesca e o acceso a
información clara e completa para os consumidores.
O lirio é a principal especial pescada pola flota asociada á OPP representando preto do 45% do
volume da súa produción total, sen embargo, soamente significa o 35% do valor das vendas. E por
isto que coa Marca Lirio de Ribeira, a OPP83, pretende diferenciar no mercado o lirio capturado ao
día mediante artes de arrastre tradicional e selectivo.
A Marca distingue aos produtos que cumpran cos requisitos das especificacións técnicas e do
regulamento de usos, garantindo ao consumidor un grao máximo de frescura e calidade.
O obxectivo da OPP83 con este etiquetado é poñer en valor o Lirio de Ribeira, a forma de pescar dos
produtores da OPP, que tratan con moito mimo este produto e dalo a coñecer entre as persoas
consumidoras que se sorprenderán pola súa versatilidade.
A Sociedade Cooperativa do Mar Santa Eugenia, Organización de Produtores Pesqueiros OPP83, é a
titular da Marca e a responsable de xestionala e administrala.
O Lirio, amparado pola Marca, cumpre co establecido nas especificacións técnicas onde cabe
destacar un dos aspectos principais que xunto coa súa calidade e a súa frescura ten categoría extra,
xa que o tempo máximo que transcorre dende a captura o desembarque e a comercialización é de
apenas unhas horas.
O etiquetado da Marca Lirio de Ribeira ampara ao lirio capturado na zona FAO27 polos membros da
OPP83 adheridos á marca sempre que se cumpran os estándares de calidade establecidos na
documentación técnica presentada. A OPP83 facilita aos socios da Organización autorizados para o
uso da Marca etiquetas numeradas correlativamente que identifican as capturas do lirio que
cumpran co regulamento de uso, o código de especificacións técnicas e os parámetros de calidade
establecidos.

A OPP83 vela polo cumprimento do regulamento de usos e das especificacións técnicas para a
utilización da Marca, propondo as modificacións que considere oportunas e en xeral ocuparase do
desenvolvemento adecuado da Marca.
A OPP pode conveniar con outros puntos de venta para autorizar o uso de imaxe da marca a efectos
de información ao consumidor.
Durante este ano 2023 a OPP continuará facendo actividades promocionais con esta especie, que,
agora, co etiquetado, derivarán en novas accións comerciais coas que dar a coñecer a calidade deste
saboroso e versátil produto a través do PPyC da Organización de Produtores Pesqueiros de Ribeira,
OPP83.

O Lirio de Ribeira xa ten etiquetado e marca propia