martes 24/5/22
Padrón (A Coruña)

O Convento do Carmén acolle este sábado a inauguración de "Kaizen", a mostra artística de Fernando e Hugo Yáñez

Esta exposición, elaborada polo artista afincado en Brión e o seu fillo de 3 anos, permanecerá aberta durante dous meses.

O Convento do Carme de Padrón acolle este sábado 8, no marco do programa de actividades da Pascua 2017, a inauguración da exposición “Kaizen”, un termo xaponés asociado á produción industrial que significa mellora continua e que serve de título para a colección de figuras orgánicas e arte plástica creadas por Fernando Yáñez e o seu fillo Hugo, de só 3 anos de idade.

 

A colección, que será inaugurada ás 20.00 horas con entrada gratuíta, poderá contemplarse durante alomenos dous meses nas seguintes datas: os venres 21 de abril, 5, 19 e 26 de maio de 11.00 a 13.00 horas e os domingos 16 e 23 de abril e 7 e 21 de maio co mesmo horario.

 

Ademais, no acto de inauguración poderá verse un vídeo gravado polo propio artista sobre a participación do seu fillo ao longo de todo o proceso creativo.

 

O artista plástico, de orixe lucense e afincado en Brión, comezou con este traballo hai case dous anos inspirándose en Hugo e permitindo que o cativo lle dese o toque final a todas as pezas agás a que leva por nome “Púrpura” e que supón o eixo de toda a exposición.

O Convento do Carmén acolle este sábado a inauguración de "Kaizen", a mostra artística...
Comentarios