viernes. 19.04.2024

Unha delegación formada por unha vintena de técnicos de xuventude, emprego, responsables políticos e líderes xuvenís de seis países europeos (Bulgaria, Portugal, Italia, Francia, Grecia e España) atópase de visita esta semana en Galicia, dentro do Programa Erasmus + K1 Proxecto Combinado. Esta iniciativa, que leva por título "Economía Circular: métodos de traballo sostibles para o futuro", ten como finalidade estudar e dar a coñecer as boas e malas prácticas no campo da economía circular en Galicia.

 

Desta expedición, que foi recibida onte no consitorio polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e polos concelleiros de Turismo, Lorena Couso, e Festexos, Ángel Rodríguez, porman parte os partners do proxecto procedentes de Pavlikeni (Bulgaria), Buarcos (Portugal), Forza D´Agró (Italia), Lisses y Avignon (Francia), Tesalónica (Grecia) e España.

 

Ademais de aproveitar a súa estancia en Galicia ata o domingo para visitar localidades e cidades como Padrón, Santiago, A Coruña ou Noia, o grupo está a aproveitar a viaxe para visitar empresas como Cortizo ou Sogama, ademais do Parlamento de Galicia ou a Casa Museo Rosalía de Castro, entre outros lugares.

Padrón recibe a técnicos de xuventude, emprego e políticos europeos do programa Erasmus +