domingo 16/1/22

A BTTinto 2014 supera xa os 2.000 inscritos e consolídase como unha das probas máis concurridas de España

A organización agarda alcanzar os 2.300 participantes, xa que o prazo de inscrición está aberto ata as 23,59 horas do día 4 de xuño.

A BTTinto de Barrantes (Ribadumia), que se disputará o domingo 8 de xuño, superou xa os 2.000 inscritos, co que se consolida como a proba máis concorrida de Galicia e a terceira de España e se alcanza o obxectivo marcado polos organizadores, que era precisamente o de acadar os dous milleiros de participantes.

 

Tendo en conta o ritmo de inscricións acadado ata agora, e dado que o prazo para anotarse non se pechará ata a última hora do 4 de xuño, a organización calcula que nesta III edición da BTTinto se acadarán os 2.200 ou 2.300 participantes, unha cifra de récord que confirma o éxito da fórmula elixida para este evento, no que se combina a esixencia técnica e física do percorrido –coa intención de atraer a persoas habituadas á BTT e amantes dos retos–, coa inclusión de alternativas máis sinxelas e adaptadas aos gustos e capacidades dos máis variados ciclistas, así como actividades complementarias, como unha ruta a pé ou unha duatlón.

 

 

Inscritos de toda España e Portugal

 

Esta concepción ampla e inclusiva da proba está na base do elevado número de participantes, que chegarán de diversas partes de España e Portugal. Así, son xa numerosos os inscritos de La Rioja, León, Madrid e diversos puntos de Portugal, así como das catro provincias galegas, que xa teñen nesta proba unha cita de referencia. Destaca nesta edición o incremento de participantes procedentes de Lugo, unha provincia que ata o de agora tiña menor presenza na BTT que as outras tres provincias. Aqueles que desexen notarse e aínda non o fixeran, poderán facelo a través da web http://cdmxesteiras.com/inscripcion/ ata as 23,59 do 4 de xuño, cando está fixada a data límite, co obxectivo de que se poidan realizar todos os trámites necesarios para que os participantes conten co correspondente seguro e que a proba transcorra coa maior das garantías e seguridade.

 

 

100 voluntarios

 

Precisamente para garantir a seguridade e a boa marcha da BTT, a organización –que corre a cargo d0 Concello de Ribadumia, coa colaboración dos Clubs CC Armenteira e Punto, CDM Xesteiras e a tenda especializada Salnés Bici, así como coa colaboración da Deputación– conta xa con 100 voluntarios que controlarán todo o percorrido. Así mesmo, durante estes días traballan na limpeza das rutas polas que pasarán tanto os ciclistas como os camiñantes e na sinalización da proba.

A BTTinto 2014 supera xa os 2.000 inscritos e consolídase como unha das probas máis...
Comentarios