domingo 17/10/21
Campeonato de España de baloncesto infantil femenino

A pista do Pavillón Municipal dos Deportes prepárase para o Campionato de España infantil femenino de baloncesto

A Concellería de Deportes está a poñer a punto a pista do Pavillón Municipal de Deportes, con vistas ao Campionato de España de Baloncesto Infantil Feminino, que chegará a cidade entre o 15 e o 21 de xuño próximos.

A Concellería de Deportes está a poñer a punto a pista do Pavillón Municipal de Deportes, con vistas ao Campionato de España de Baloncesto Infantil Feminino, que chegará a cidade entre o 15 e o 21 de xuño próximos.

O concelleiro, Agustín Fernández, comprobou o pasado luns o comezo duns traballos que se van prolongar durante toda a semana, pois está previsto que rematen o próximo sábado.

O custo dos traballos alcanza os 18.000 euros. Fernández explicou que a cancha foi instalada no ano 2001 e agora tocaba unha reparación para optimizar a superficie. Non obstante, a actualización tamén era necesaria para adaptar o pintado á normativa da Federación Internacional de Baloncesto, especialmente no que atinxe ao deseño das “zonas”, debaixo das canastras.

Os operarios completaron onte o lixado e pulido, unha das partes máis molestas das obras. Pois aínda que se utilizan máquinas con aspiración, sempre xeran algo de po.

Durante a noite completouse a aspiración, ao obxecto de deixar a pista lista para a aplicación da primeira capa de “tapaporos”. A continuación procederase ao pintado e ao vernizado. Os últimos retoques están previstos para a mañá do sábado.

O responsable municipal de Deportes explicou que durante esta época do ano, a actividade no Pavillón experimenta un descenso. Aínda así, buscouse acomodo no Pavillón Multiusos da Xunqueira para os equipos que adestran sobre a superficie do principal polideportivo pontevedrés.

Aínda que a razón principal para o “repaso” da cancha é o Campionato Infantil de Baloncesto, o novo parqué estrearase durante a fin de semana do 7 ao 8 de xuño durante a fase final da Copa de Terceira División e Primeira División Xuvenil de Fútbol Sala, que chegan da man do Leis Pontevedra F.S.

Comentarios