viernes. 29.03.2024

Alex Vidal segue facendo historia e hoxe volveu a revalidar o título de campión do mundo de parataekwondo. O deportista do Natural Sport logrou o título na xegunda xornada do Mundial que se celebrou esta fin de semana en Moscú (Rusia).

 

No primeiro combate Vidal tivo que enfrontarse ao seu rival máis duro, o francés Kong Bopha (que logrou gañalo en dúas ocasións), pero nesta oportunidade o galego non lle deu opcións e gañou por 4-2. E xa na final derrotou ao representante de Guatemala, Gersson Mejía (4-2).

 

Este é o terceiro título mundial consecutivo que logra Vidal (Aruba 2012, Suíza 2013 e Moscú 2014). Pola súa banda, Santi Malvar (Mace Sport) caeu no primeiro combate contra o croata Ivan Mikulic por 10-8, e non puido loitar polas medallas. Nesta quinta edición do Mundial houbo importantes novidades, xa que por vez primeira incorpóranse practicantes con discapacidade intelectual na modalidade de técnica.

 

Ata o de agora só competían deportistas con minusvalía no tren superior na modalidade de combate. En total participaron neste torneo 121 deportistas que representan a 40 países de todo o mundo.

 

Alex Vidal revalida o título de Campión do Mundo de Parataekwondo en Moscú