jueves 2/12/21
Circuíto de Carreiras Populares. Pontevedra

O barrio de San Brais acolle o próximo 1 de febreiro a primeira proba do Circuíto de Carreiras Populares

A pedestre de San Brais, a primeira cita do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra (CCCP), chega o próximo día 1 de febreiro, con algúns cambios e aires de crecemento.

A pedestre de San Brais, a primeira cita do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra (CCCP), chega o próximo día 1 de febreiro, con algúns cambios e aires de crecemento. A cita foi presentada hoxe no Concello polo responsable municipal de Deportes, Agustín Fernández, acompañado polos directivos da Asociación Veciñal Salcedo Norte, Ernesto Malvar e José Luis Gallego, xunto co director técnico da Sociedad Gimnástica, Juan Romero.


Mantéñense as novidades introducidas o ano pasado, con novo percorrido de 6 Km e traslado da convocatoria ao domingo a partir das 12.30 horas. A saída cambia este ano e farase dende o propio soto do aparcamento do centro comercial, unha medida que busca protexer aos corredores en caso de choiva. Os rapaces sairán a partir das 11 horas. Outra das novidades é a participación de corredores da ONCE e a introdución dun premio específico para eles.


A inscrición está aberta ata o mércores na plataforma de Championchipnorte a un prezo de 5 euros para os corredores que non estean inscritos no CCCP.


Nestes momentos conta xa con preto de 250 persoas rexistradas, das que preto de 200 corresponden aos atletas que xa confirmaron a súa participación no CCCP. Agustín Fernández indicou que esta liga popular nace, nesta terceira edición, con moita forza e todo indica que se vai superar a previsión de chegar aos 350 inscritos. Especialmente satisfeito está do pulo que está a experimentar a anotación de equipos, pois son xa catro e están a prepararse bastantes máis.


Ernesto Malvar puxo en valor o esforzo dos veciños por manter viva esta carreira, encadrada nas celebracións de San Brais, e anunciou que, ao remate, haberá unha chocolatada con rosca para todos os participantes, ademais do tradicional sorteo de 12 lacóns.


Juan Romero subliñou que a carreira de San Brais é a máis dura de todo o CCCP, con abundancia de ramplas, especialmente a da subida ao colexio de Salcedo.

O barrio de San Brais acolle o próximo 1 de febreiro a primeira proba do Circuíto de...
Comentarios