miércoles. 17.04.2024

Xa só falta o asubío inicial para o comezo do Campionato de España Infantil Feminino, que Pontevedra acollerá entre os días 15 e 21 deste mes de xuño. O concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó, presidiron o sorteo dos cruces dun evento no que se agarda a participación de 32 equipos e unhas 500 xogadoras.

 

O parqué do Pavillón Municipal, acondicionado para a ocasión, acolleu unha cerimonia na que tamén participaron os clubs Arxil e Estudiantes e varios colexios da cidade. Fernández, nunha breve intervención, subliñou que Pontevedra respirou duatlón ata o domingo e agora vai respirar baloncesto.

 

A continuación deuse paso a un sorteo puro, con oito cabezas de serie, e que deparou o seguinte cadro: Grupo A: Gran Canaria, Jesuitas de León, Villa de Luanco e Aranguren. Grupo B: Tuenti Móvil Estudiantes, Arxil A, Champagnat e La Salle Melilla. Grupo C: Ros Casares, Terrassa, Megacalzados Ardoi e Rivas Ecópolis. Grupo D: Canterbury, Celta Selmark, Cartagena e San Viator C. Grupo E: Hidropolivital Almeda, Stadium Casablanca, Guernica, Maristas Córdoba. Grupo F: Las Rozas, Uva Ponce A, La Salle Palma e Helios. Grupo G: Easo Eskola, Andalucía Promesas, Campeón de Extremadura e Mercedarias de Ferrol. Grupo H: Femení Sant Adriá, Picken Claret, Kells College e UCA Ramón y Cajal.

 

A Concellería de Deportes considera que este Campionato será outra das grandes probas do ano deportivo pontevedrés 2014, marcado por máis dunha ducia de eventos de repercusión nacional. Estímase que ao medio millar de xogadoras sumaranse outro millar de persoas, entre familiares, federativos, árbitros e persoal técnico, co que Pontevedra volverá experimentar un importante retorno socioeconómico en forma de gasto nos hoteis e na hostalería local.

O Campionato de España Infantil de Baloncesto Feminino prepara a súa chegada a Pontevedra