jueves. 28.03.2024

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores mantivo unha reunión coa presidenta da Federación Internacional de Triatlón, Marisol Casado, así como os presidentes das federacións española e galega para ver as posibilidades de que Pontevedra acolla novas competencións na cidade.

De feito, o alcalde anunciou que Pontevedra se postula para acoller o Campionato do Mundo de Duatlón do ano 2016, ou no seu defecto o Féstival de Triatló no ano 2017 que comprende as probas de Acualón, Triatlón Cross e o Campionato de Triatlón de Longa Distancia.


Pontevedra acollerá os días 20 e 21 de xuño o Campionato de España Sprin en todas as categorías que na última edición a Federación tivo que pechar a inscrición en 1.200 participantes deixando máis de 200 en listas de agarda.

Ademais esa fin de semana tamén se celebrará o Campionato de España de Acuatlón, e ao longo do mes de xullo celebrarase unha competeción popular.

Pontevedra será unha das cinco capitais de provincia que escolleu a Federación para organizala, xunto con Madrid, Ávila, Santander e Valencia.

Pontevedra quere acoller o Campionato do mundo duatlón en 2016