jueves. 28.03.2024

A Xunta de Galicia, coa finalidade de colaborar co tecido empresarial galego consolidando a recuperación económica, activa o programa de financiamento “Galicia 1000”, que ten como obxectivo dar resposta ás distintas necesidades que poida ter a empresa en función da súa situación. Neste sentido, o Goberno galego financiará 1.000 novos proxectos empresariais a través dun paquete integral que mobilizará 200 millóns de euros.

 

Así, mediante esta actuación a Consellería de Economía e Industria, a través de Igape e Xesgalicia, pon á disposición das pemes e dos novos emprendedores 50 millóns de euros coa finalidade de impulsar a rexeneración do tecido produtivo, a recapitalización das empresas, e de potenciar a execución de novos investimentos encamiñados á creación de riqueza e emprego. Deste xeito, o Goberno galego coopera no financiamento de proxectos que favorecen o emprendemento e a innovación apoiando a mellora da competitividade empresarial.

 

Neste contexto, o programa “Galicia 1000” configúrase como un plan realista que busca axudar as empresas nas súas necesidades de financiamento e facilitar o acceso ao crédito ofrecendo catro liñas de actuación.

 

1000

 

 

A primeira delas suma máis de 32 millóns de euros en iniciativas centradas en fondos de capital risco e préstamos participativos. Apóianse aquí tanto proxectos empresariais promovidos por emprendedores como a creación de novas empresas, o impulso de sectores estratéxicos e o apoio a empresas tractoras, ademais de colaborar con aquelas que, sendo economicamente viables, atravesan algunha dificultade financeira temporal. A natureza deste grupo de actuacións permitirá, tamén, atraer a Galicia investimentos estranxeiros ao tempo que se fortalece o potencial exportador das nosas empresas.

 

capital

 

 

En segundo lugar, e dirixido sobre todo a financiar as operacións das pequenas e medianas empresas, o Goberno galego conta con 8 millóns de euros de préstamos Jeremie, unha liña pioneira en Galicia que conta cunha dotación inicial, ampliable segundo a demanda, de 8 millóns de euros procedentes de fondos Feder coa que se aspira a mobilizar 15 millóns de euros no tecido empresarial galego.

 

Mediante esta iniciativa, que forma parte do paquete integral de financiamento Galicia 1000, concederanse préstamos comprendidos entre 70.000 e 1.050.000 euros, cos que se poden financiar ata o 70% de investimentos consistentes en novas instalacións produtivas, así como investimentos destinados a ampliar, modernizar ou diversificar instalacións xa existentes.

 

Os prazos de amortización serán de ata 7 anos con un de carencia e con xuros fixos referenciados ao euríbor. As bonificacións de xuros previstas permitirán que os tipos efectivos resultantes poidan ser inferiores ao 1,3%.

 

Os préstamos Jeremie-Igape, dirixidos a pemes e microempresas, constitúen unha das partes fundamentais do programa de financiamento empresarial Galicia 1000, co que a Xunta apoiará 1.000 novos proxectos empresariais mobilizando 200 millóns de euros.

 

Deste xeito, dáse resposta ás distintas necesidades que poida ter a empresa en función da súa situación, incluíndo ademais instrumentos como o capital risco, préstamos participativos, préstamos bancarios bonificados para investimentos, préstamos avalados e garantías para o financiamento de operacións de circulante.

 

Deste xeito, a Xunta colabora co empresariado galego nas diferentes situacións financeiras que poida atravesar, co obxectivo de que ningún proxecto viable quede sen levarse a cabo por falta de financiamento, e impulsando a rexeneración do tecido produtivo, a recapitalización dos empresas e a execución de novos investimentos encamiñados á creación de riqueza e emprego.

 

Nesta convocatoria de préstamos Jeremie poderán financiarse tanto os activos fixos materiais asociados ao proxecto de investimento –terreos, obra civil, adquisición de inmobles, bens de equipamento ou mobiliarios– como os activos intanxibles necesarios: aplicacións informáticas, propiedade intelectual e industrial, licenzas de fabricación ou gastos en I+D ligados a proxectos de innovación tecnolóxica.

 

jeremie

 

 

O terceiro grupo incorpora outra novidosa liña de financiamento para as pemes, as bonificacións de tipos de xuro dos préstamos e microcréditos outorgados polas entidades financeiras a través do ICO. Esta actuación suma máis de 2 millóns de euros co obxectivo de favorecer o emprendemento en condicións máis vantaxosas e achegar liquidez para o desenvolvemento da actividade empresarial.

 

bonificacion

 

 

Os avais son a cuarta ferramenta de financiamento que desde a Consellería de Economía e Industria se está a pór á disposición do tecido empresarial da Comunidade. Neste sentido, a Xunta achega 7,5 millóns para avalar operacións de acceso ao circulante, tanto para reforzar proxectos xa existentes como para impulsar a creación de novas empresas.

 

avais

 

 

A través deste paquete integral de financiamento, a Xunta colabora co empresariado galego nas diferentes situacións financeiras que poida atravesar, co obxectivo de que ningún proxecto viable quede sen levarse a cabo por falta de apoio.

 

Ademais, e coa finalidade de seguir avanzando no reequilibrio territorial da Comunidade, cómpre salientar que “Galicia 1000” prestará unha especial atención ás zonas amparadas por plans Impulsa – as provincias de Lugo e Ourense, as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, así como a Costa da Morte-, achegando préstamos con bonificacións especiais.  

 

A Xunta financiará 1.000 novos proxectos empresarias a través dun paquete integral que...