sábado 27/11/21
Concello de Pontevedra

O Concello pecha o 2014 con 11,4 millóns de Remanente Líquido de Tesourería

O Concello de Pontevedra xa rematou o documento de elaboración da liquidación do orzamento do ano 2014 segundo informou esta mañá o concelleiro de Economía, Raimundo González Carballo, quen adiantou que o Concello dispón dun Remanente Líquido de Tesourería de 11.400.996,85 euros, o que quere dicir que “o Concello está moi saneado e os parámetros económico-financieiros son bos”.

Segundo esta liquidación, o ano 2014 pechouse cun orzamento final de 78.752.000 euros e partíase dun orzamento inicial de 66.753.000 euros.

O capítulo de investimentos pechouse con 16.936.000 euros, e o grao de execución do documento económico foi do 93,33%.

Segundo o Fondo de Liquidación a 31 de decembro de 2014 o Concello de Pontevedra dispuña de 18.027.377,45 euros. E o superávit foi de 4.813.017, 43 euros, aínda que pendente de incorporar os déficits dos organismos autónomos: Pazo da Cultura e Instituto Municipal de Deportes.

Comentarios