jueves 9/12/21
Pontevedra

O ORAL abre o período de cobro voluntario do IBI nos 51 concellos adheridos a este servizo

As listas estarán expostas ao público nos concellos desde o 1 de agosto ao 1 de setembro para posibles reclamacións ou alegacións.

O período de cobro voluntario do Imposto de Bens Inmobles (IBI) de natureza rústica e urbana e de carácter especial nos 51 concellos adheridos ao ORAL estará aberto do 1 de agosto ó 15 de outubro, segundo se recolle no Boletín Oficial da Provincia do día de hoxe.
Os concellos nos que se abre este prazo son: Arbo, Barro, Baiona, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, A Estrada, Agolada, Gondomar, Lalín, A Lama, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Portas, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa.
O recibo será remitido ó domicilio declarado de cada contribuínte, que poderá efectuar o pagamento a través de calquera entidade bancaria ou na caixa dos Servizos Centrais do ORAL. No caso de perda do recibo o contribuínte poderá obter un duplicado nos Servizos Centrais do ORAL ou na oficina do servizo máis próxima ó seu domicilio ata o 15 de outubro. Os contribuíntes que no primeiro de outubro de 2013 non tivesen recibido nos seus domicilios os recibos poderán solicitalos ata o 15 de outubro de 2013 nas oficinas do ORAL.
Exposición pública
Paralelamente, do 1 de agosto ao 1 de setembro estarán expostas ó público nos respectivos concellos os listados de contribuíntes e bens sometidos ó imposto para que os interesados poidan examinalos e presentar as reclamacións que consideren oportunas. O prazo para a presentación destas alegacións será dun mes, desde o 2 de setembro ata o 2 de outubro, ambos inclusive.

O ORAL abre o período de cobro voluntario do IBI nos 51 concellos adheridos a este servizo
Comentarios