A produtora, Adiviña Producións, seleccionará mulleres e homes maiores de 20 anos, para participar nos capítulos, que chegarán á Televisión de Galicia este verán. As probas de selección terán lugar na Coruña o próximo martes 24, e en Vigo o mércores 8 de Abril.
Se tes máis de 20 anos, ganas de pasalo ben e abrirte á posibilidade de encontrar o amor da túa vida, en "Amor na rede" axudaranche co asesoramento de especialistas en redes sociais de busca de parella. Os expertos realizarán o teu perfil e presentaranche aos candidatos máis compatibles.
Terás a oportunidade de encontrarte con eles, realizar divertidas probas e asistir a unha cea romántica nun lugar marabilloso. Pasarás uns días inesquecibles atendendo aos impulsos do teu corazón. A produtora seleccionará neste casting persoas divertidas e que queiran ser os protagonistas dun programa de televisión. Solicítase falar galego e ter dispoñibilidade horaria.
Non se necesita experiencia televisiva previa. Aqueles que queiran acudir ao cásting, deben poñerse en contacto coa produtora no teléfono; 981 638 569 ou vía correo electrónico na dirección: [email protected]