viernes. 29.03.2024
O proceso desenvolverase durante a xornada de hoxe e mañá, para que todos os beneficiarios comecen a traballar o 1 de outubro

Comeza o proceso de selección de empresa por parte dos preto de 500 bolseiros do Plan de práctica laboral en empresas

Entre hoxe e mañá, preto de 500 bolseiros elixirán a empresa na que van desenvolver un ano de prácticas, financiadas pola Deputación de Pontevedra no mar co Plan de práctica laboral.

Entre hoxe e mañá, preto de 500 bolseiros elixirán a empresa na que van desenvolver un ano de prácticas, financiadas pola Deputación de Pontevedra no mar co Plan de práctica laboral.


O salón de plenos da Administración provincial acolleu esta mañá á primeira quenda de bolseiros, correspondentes a 62 titulacións e pola tarde será a quenda dos titulados de dúas das especialidades máis demandadas, que son o Ciclo superior en Administración e Finanzas e da Licenciatura e grao en Administración e Dirección de Empresas.


En total, case 300 mozos e mozas ós que mañá se sumará a última quenda, con 45 titulacións diferentes e bolseiros ata completar un total de 500 titulados que van ter a súa primeira oportunidade laboral na profesión para a que se formaron.


O presidente da Deputación, Rafael Louzán destacou que, cos que agora participan neste Plan de práctica laboral na empresa privada, esta iniciativa, "única en España", leva xa facilitado o acceso ó mercado de traballo "a preto de 2.000 pontevedreses con titulacións universitarias ou de FP".


Por iso, animou ós novos bolseiros a "aproveitar ó máximo esta magnífica oportunidade" que lle pode abrir as portas do seu futuro laboral, tanto se quedan na empresa na que van realizar as prácticas como se non, dado que, tal e como subliñaron moitos dos bolseiros acollidos a este programa, "isto vainos permitir ter unha experiencia que moitas empresas nos piden e que non tivemos ocasión de adquirir ata agora".


Unha experiencia moi necesaria


A busca de experiencia que lle facilite o acceso a un posto de traballo na especialidade para a que se formaron é o obxectivo principal dos mozos e mozas que se apuntaron a este plan da Deputación.


Moitos deles xa coñecen o seu funcionamento porque contan con amigos que se acolleron ás anteriores edicións do plan, tanto na súa primeira versión, na que se ofertaban prazas en centros da administración pública tanto da Deputación como dos concellos, como no de prácticas en empresas, no que xa están traballando 500 mozos e mozas noutras tantas empresas da provincia.


"Coñezo algún que xa se ten presentado e, polo xeral, están moi contentos", asegura a Cambadesa Lucía Alfonso Chantada, que realizará as súas prácticas laborais en Diacopevi, de Ponte Caldelas.


Tamén na comarca de Pontevedra traballará Mara Vázquez Lago, titulada en Enxeñería Técnica e Deseño Industrial e Grao en Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto, que está feliz de ter unha oportunidade despois de moitos meses buscando traballo e que considera o plan de Deputación unha iniciativa moi positiva e digna de manterse no tempo.


"Levaba un ano buscando traballo, ata en Barcelona, que é onde estaba facendo un máster –asegura- e cando vin esta oportunidade aquí, na miña cidade e, ademais no único estudo de deseño que hai en toda Pontevedra, tiña que aproveitar", afirma.


Agarda que esta oportunidade lle sirva "para o currículo, para adquirir experiencia". Considera que se hai oportunidade de continuar no tempo sería estupendo, pero aínda no caso de que non sexa así valor extraordinariamente a bolsa, porque coa experiencia "xa poderei optar a traballar noutras empresas".


Bolsas dun ano
Todos eles comezarán as súas prácticas o vindeiro un de outubro, con bolsas de seis meses prorrogables por un ano.


A contía da bolsa é de 800 euros para titulados universitarios e de 700 para titulados de FP, que serán financiados integramente pola Deputación, que tamén correrá cos gastos dos correspondentes recoñecementos médicos.

Comeza o proceso de selección de empresa por parte dos preto de 500 bolseiros do Plan...