viernes. 19.04.2024
programa-semana-santa-padronesa
programa-semana-santa-padronesa

Pregón da Semana Santa: Venres  24 de marzo
Organizado pola Confraría do Santo Enterro, terá lugar na igrexa parroquial
o PREGÓN DA SEMANA SANTA, ás 20.15h. Será pronunciado por Dr. don Domingo
Luís González Lopo, profesor de Historia Moderna da Facultade de Xeografía da
Universidade de Santiago de Compostela.  Deseguido intervirá a Coral Polifónica
Padronesa, acompañada por don Adrián Regueiro García, organista da Catedral de
Santiago, que interpretará algunhas pezas de música sacra.


Comezo do  Setenario da Virxe das Dores: Sábado 25 de marzo


Organizado pola Confraría da Virxe das Dores, tódolos días ás 19:30h terá lugar o
rezo do Santo Rosario e da oración propia do Setenario, trala cal, ás 20:00h,
celebrarase a Santa Misa, ofrecida polos fieis devotos de Nosa Señora das Dores,
vivos e defuntos.


Venres das Dores: 31 de marzo ás 19:00h rezo do Santo Rosario e da oración
propia do Setenario. Ás 20:00h, Misa Solemne. A Continuación, organizada pola súa
Confraría, sairá a Procesión da Virxe das Dores, percorrendo as rúas de costume.
Antes da misa, farase entrega, por primeira vez na súa historia, das Medallas de
Honra a algunhas persoas e institucións que, dende a fundación desta confraría,
destacan pola súa disposición a colaborar xenerosamente na organización e
celebración solemne dos diversos actos do Setenario.
Misa da Confraría do Santo Enterro: Sábado 1 de abril ás 20:00h, celebrarase a
Santa Misa anual polos membros e colaboradores, vivos e defuntos, da Confraría
do Santo Enterro.


Domingo de Ramos: 2 de abril ás 11:30h procederase á acollida e imposición de
medalla de pergamino como Cofrade Maior Honorario da Confraría do Santo
Enterro ao Rev. P. Benjamín Picado González. Seguidamente á bendición das
palmas e dos ramos de oliveira na Igrexa parroquial. Ó seu remate sairá
a Procesión de Ramos coa imaxe da entrada de Xesús en Xerusalén, que
discorrerá o traxecto habitual. Recollido o cortexo procesional terá lugar a
celebración da Santa Misa do Domingo de Ramos na Paixón do Señor (ás 12.30h
aproximadamente.).
Ás 20.00h na capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco, misa de
Domingo de Ramos. Ao rematar, organizada pola V-O-T., en colaboración coa
parroquia de Santiago e as súas Confrarías do Santo Enterro e da Virxe das Dores,
sairá a procesión do Ecce Homo polo percorrido habitual.


Xoves Santo: 6 de abril
Ás 19:30h terá lugar a celebración da Santa Misa da Cea do Señor. Ó seu termino
sairá a Procesión do Encontro ( ás 20:30h aproximadamente.) que seguirá a
seguinte orde:
En primeiro lugar fará a súa saída a imaxe de Xesús Nazareno, acompañada polos
membros da Confraría do Santo Enterro e de tódalas persoas que o desexen,
percorrendo as rúas de costume.
En segundo lugar sairá a imaxe da Virxe das Dores, xunto ás de San Xoán Apóstolo
e a Verónica, acompañadas polos membros da Confraría da Virxe das Dores,
ademais de algunhas señoras ataviadas con mantilla española e de tódalas
persoas que queiran, percorrendo o traxecto habitual.
Na Praza de Macías representarase a escena do Santo Encontro do Xesús
Nazareno, camiño do Calvario, coa súa Nai, a Virxe María, na que interveñen San
Xoán e a Verónica, actuando de narrador o Rvdo. P. Benjamín Picado González,
cmf.
A continuación, nun so desfile procesional, regresará cara a Igrexa.


Venres Santo: 7 de abril
Ás 11:30h realizarase na Igrexa Parroquial o rezo do Vía Crucis.
Ás 18:30h comezarán os Santos Oficios da Paixón do Señor. A continuación
representarase a escena do Desencravo de Xesús da Cruz, narrada polo Rvdo. P.
Benjamín Picado González, cmf. Ao seu remate ( ás 20:00h aprox.) sairá
a  Procesión do Santo Enterro, facendo o percorrido de costume. A Santa Urna do
Cristo Xacente percorrerá cortexada polos seus confrades.
Recollida na Igrexa a Procesión do Santo Enterro (ás 21:00h aproximadamente),
fará a súa saída a Procesión da Soidade, popularmente coñecida co nome
da Procesión dos Caladiños. Acompañando a imaxe da Virxe da Soidade polo
traxecto habitual irán os seus confrades, xunto con algunhas mulleres tocadas con
mantilla española e tódalas persoas que queiran unirse ao cortexo mariano.

Sábado Santo: 8 de abril, ás 21:00h comezará a Solemne Vixilia da Resurrección
do Señor, coa que se abre o tempo litúrxico de PASCUA.

Programa Semana Santa Padronesa 2023