lunes. 15.08.2022

A Biblioteca de Ribadumia muda os seus horarios

O Concello de Ribadumia informa que, na procura de mellorar os servizos que a biblioteca Francisco de Asís Fraga Castro “Cuco” ofrece aos veciños e veciñas do municipio, establécense uns novos horarios de apertura ao público da mesma.

O Concello de Ribadumia informa que, na procura de mellorar os servizos que a biblioteca Francisco de Asís Fraga Castro “Cuco” ofrece aos veciños e veciñas do municipio, establécense uns novos horarios de apertura ao público da mesma. Tras varios meses observando a escasa ou nula afluencia de usuarios durante determinadas horas, o Concello de Ribadumia decidiu establecer un novo horario máis acorde cos hábitos dos veciños á hora de facer uso dos servizos de biblioteca municipal. A pasada tempada, o edificio mantíñase pechado durante os martes e aberto os sábados pola mañá.

 

Sen embargo, a escasa presencia de visitantes durante a fin de semana, unida ás peticións dalgúns veciños para ter a posibilidade de facer uso das instalacións tamén os martes, fixo que o Concello decidise modificar o horario. Agora, o recinto permanecerá aberto de luns a venres en horario de 15:30 a 21:30, momento no que os veciños e veciñas poderán desfrutar da lectura ou realizar tarefas de estudo. Así mesmo, o Concello informa de que, durante o período de Semana Santa, a biblioteca permanecerá pechada os días festivos. Deste xeito, o servizo estará sen actividade dende o xoves 29 ata o luns 2, ámbolos dous incluídos.

A Biblioteca de Ribadumia muda os seus horarios
Comentarios