sábado. 14.12.2024

O IES de Valga participa na exposición “FP Inova 2019”, que a partir de mañá e ata o venres se desenvolve no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. Alí presenta e expón o seu proxecto:

 

“Maqueta da estrutura metálica dunha nave industrial”, toda ela construída mediante impresión 3D. Este proxecto, premiado pola Consellería de Educación na convocatoria de premios a proxectos de innovación tecnolóxica ou didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos, foi realizado coa colaboración da empresa Gama e Hijos S.L. e nel participaron tanto persoal desta firma como profesorado e alumnado dos ciclos formativos de Construcións Metálicas.

 

FP Innova é un congreso organizado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Trátase da cuarta edición dun evento que se constitúe como referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender na que está imnersa a formación profesional galega.

Alumnado do IES de valga presenta un proxecto de estrutura metálica no congreso “FP I...