sábado. 02.07.2022

COMEDORES ESCOLARES

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten previsto incrementar en 1.400 os usuarios dos comedores escolares que xestiona – tanto de forma directa como indirecta- este curso.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten previsto incrementar en 1.400 os usuarios dos comedores escolares que xestiona – tanto de forma directa como indirecta- este curso. Así, xa contando con esta previsión, o departamento educativo da Xunta de Galicia ten aumentado o número de prazas en comedores escolares en 10.839 respecto das que había no curso 2008/2009, un 22,3%.

 

Cómpre sinalar que, en función da demanda, o número de prazas anteriormente citadas poderá incrementarse ata un máximo do 10% nestes días. Cómpre lembrar que no curso 13/14 destináronse 29,7 millóns de euros aos comedores que xestiona de forma directa e indirecta, así como ao cofinanciamento mediante convenio de colaboración dos comedores xestionados polos concellos e ao cofinanciamento dos comedores xestionados polas ANPAS mediante outorgamento de axudas; o que supón duplicar o orzamento de 14,6 millóns que se destinaba en 2007 aos comedores escolares.

 

Segundo os datos recompilados no mes de xuño, dos usuarios dos comedores da Consellería - xestión directa e indirecta-, preto do 80% - en concreto o 78,11%- dos usuarios teñen o comedor escolar de balde, sen pagar nada. Engadíndolle os que pagan 1 euro ao día, o 83,59% dos comensais utilizan o comedor totalmente de balde ou pagando tan só un euro.

 

COMEDORES ESCOLARES
Comentarios