viernes. 06.12.2024

 A las 04:00 de la madrugada (hora local), a 420 millas este de isla Guadalupe, a tres jornadas de navegación de llegar a destino, el capitán Javier Babé entró en crisis cardíaca, falleciendo a las 14:00 (hora local), a consecuencia de una insuficiencia cardíaca congestiva.

Al producirse la indisposición cardíaca de madrugada, se determina abandonar el propósito del “Reto Astrolabio”, y se solicita ayuda a Salvamento Marítimo, mediante el teléfono satélite del barco.

El médico cardiólogo de a bordo, Antonio Grandío, consiguió estabilizar al capitán, que recuperó consciencia, al tiempo que se decidió su evacuación del barco. Poco más tarde se produjo una llamada de un crucero americano, para establecer un punto de encuentro y establecer la evacuación del capitán. Justo en ese momento, se produce el fallecimiento de Javier Babé, el capitán de La Peregrina.

Obituario del narrador en tierra de la aventura, Alfredo Conde:

          “Non sei de moita xente, cando menos de xente próxima a min, que vivira sempre de acordo cos seus principios, facendo bos os valores que fan que o animal humano sexa alguén capaz do máis sublime cando, ó par del, sempre haxa outro capaz do máis abxecto. O mundo é mellor grazas á presenza nel de persoas como Xavier Babe e a despeito dos outros. Sempre hai altruístas e egoístas. Xavier foi sempre dos primeiros.

          Xavier viviu sempre coma quixo vivir, amou o mar, amou á xente que o rodeaba e soubo rodearse sempre de amigos fieis a el e fieis ós mesmos valores que Xavier defendeu mentres lle alentou a vida.

          Hoxe, estando a catrocentas vinte millas ó leste de Guadalupe, a illa das pequenas Antillas, grazas á derrota sabiamente determinada que guiou ó veleiro La Peregrina a través do Atlántico, Xavier Babé, sendo as catro da madrugada, hor local, o seu capitán, sufriu un infarto conxestivo que nun principio foi estabilizado por Antonio Grandío, tripulante de La Peregrina e cardiólogo de profesión

Non se puido facer nada. A condición de médico de Antonio nin de tempo dispuxo para evitar o que de todo punto era inevitable cando ás catorce horas, o corazón de Xavier deixara de latir. Xavier Babé faleceu antes de chegar ó porto que o esperaba, e antes de chegar La Peregrina ó encontro cun cruceiro que o esperaba.     

Escribo nada mais recibir a mala nova, e fágoo a impulso das emocións que tal noticia suscita. Podo dicir que Xavier cumpriu cos fins do seu Reto Astrolabio e que viu cumpridos os seus desexos de morrer no mar.

Xavier acaba de morrer como morreron moitos dos máis grandes navegantes, só que el, que si morreu coma eles, acaba de facelo nun século que lle ofrecía toda a tecnoloxía da que dispón para que el renunciase a ela a fin de poder facer o mesmo que eses grandes mariños, Colón, Elcano, Drake e tantos outros fixeron nos seus días: recorrendo á intelixencia, utilizando o instinto, facendo uso do coñecemento do medio que posuía e facelo acompañado da súa esposa e dos seus amigos.

Non debemos choralo, debemos alegrarnos por telo coñecido e ter sido os seus amigos, por telo visto vivir de acordo cos seus desexos e porque alguén, nestes tempos confusos, puidera vivir a despeito da confusión reinante.

Xavier foi un home de ideas claras e corazón aberto. A súa foi unha vida exemplar. Celebremos telo coñecido e sintamos coma propia a dor de Cristina e dos seus fillos”.

Muere en plena travesía el capitán de la Peregrina, Javier Babé