lunes. 04.07.2022

NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECÍFICAS

A Consellería ten demostrado unha gran sensibilidade e compromiso na atención á diversidade do alumnado galego. Non en balde, destina un total de 3.223 profesionais á atención á diversidade do alumnado dos centros públicos, entre os que se encontran profesionais de pedagoxía terapéutica, de audición e linguaxe, intérpretes de linguaxe de signos, coidadores, orientadores (que ademais de avaliar ao alumnado traballan con el para a obtención de mellores resultados), fisioterapeutas, etc.. 

Neste sentido cómpre sinalar que a dotación de persoal medrou de forma notable nos últimos anos, cun incremento de 62 profesionais no curso 13/14 respecto do 12/13. Ademais, no que toca ao material específico, a Consellería atende todos os ditames dos servizos de orientación nos que se propón a adquisición de emisoras de frecuencia modulada, cadeiras adaptadas, equipamento informático específico, mesas e atrís, entre outros recursos, para os centros educativos nos que se escolariza alumnado con necesidades educativas especiais necesitado deses medios. Só neste tipo de recursos cómpre salientar un investimento de máis de 275.000 euros nos últimos anos.

Cómpre lembrar, así mesmo, que xa no 2011 se publicou o decreto 229/2011 polo que se regula a atención á diversidade do alumnado galego, que constitúe unha clara aposta pola construción dunha escola inclusiva, na que o conxunto da comunidade educativa e as administracións e entidades implicadas colaboren para que cada alumna e cada alumno acade os mellores resultados de acordo coas súas capacidades e desenvolvendo ao máximo as súas potencialidades.

Ademais en xuño de 2014, presentouse o primeiro protocolo a nivel autonómico de intervención co alumnado afectado polo Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH), que significou, ademais, un elevado nivel de coordinación e colaboración entre distintos departamentos da Xunta de Galicia, por tratarse dun protocolo de consenso elaborado, conxuntamente, polos servizos educativos -Consellería de Cultura e Educación- e sanitarios -Consellería de Sanidade-, buscando un diagnóstico precoz dese alumnado e unha intervención integral .

NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECÍFICAS
Comentarios