sábado. 02.07.2022

O IES Praia Barraña de Boiro participa no Concurso Euroscola 2015

O alumnado de 1º de Bacharelato do IES "Praia Barraña" que cursa a materia TIC's está de novo inmerso na actual edición do certame Euroscola 2015. Nesta ocasión o concurso -organizado pola Oficina de Información do Parlamento Europeo- está adicado ao Ano Europeo do Desenvolvemento 2015. 

O alumnado de 1º de Bacharelato do IES "Praia Barraña" que cursa a materia TIC's está de novo inmerso na actual edición do certame Euroscola 2015. Nesta ocasión o concurso -organizado pola Oficina de Información do Parlamento Europeo- está adicado ao Ano Europeo do Desenvolvemento 2015.

 

«Unha vida digna para todos: rematar coa pobreza e dar ao mundo un futuro sustentable» é unha das principais mensaxes para transmitir este ano á sociedade europea. Informar sobre o papel da UE como maior doador mundial de axuda ao desenvolvemento, suscitar a participación cidadá, fomentar un sentimento de responsabilidade entre os cidadáns, sensibilizar a opinión pública sobre o papel da cooperación, acadar un compromiso público e salientar a importancia da contribución dos mozos son os obxectivos prioritarios do ano.

 

O Parlamento Europeo insistiu en que o centro do ano europeo debe contribuír á construción dun futuro máis xusto, máis estable e sustentable para a humanidade. O concurso está centrado en informar e achegar a xente nova ás posibilidades de participación na cooperación ao desenvolvemento, promover o pensamento crítico e o sentido da responsabilidade e convidar o medio educativo a realiza

 

r proxectos solidarios que contribúan á construción dun futuro mellor para a humanidade . Centrados no lema do concurso- "O noso mundo, a nosa dignidade, o noso futuro"- o alumnado propón levar a cabo unha iniciativa que pretenderá dar a coñecer os programas europeos de cooperación ao desenvolvemento e as estratexias europeas de loita contra a pobreza dentro e fóra da UE.

 

Farase así mesmo, un estudo de diversas ONGs que traballan na nosa comarca e realizaremos tamén unha actividade deportiva nas instalacións do noso instituto para recadar fondos para algunha destas ONGs. Dita iniciativa leva por título "Por un futuro máis xusto e sostible".

 

Toda a información que se recabará, as entrevistas que se realizarán e o proxecto final que se levará a cabo para esta actividade atóparase no seguinte blogue: desenvolvementoboiro.blogspot.com. Dada a importancia do tema de estudo, dito proxecto pora en práctica a interdisciplinaridade e a colaboración entre varios departamentos do noso instituto.

 

O IES Praia Barraña de Boiro participa no Concurso Euroscola 2015
Comentarios