jueves. 30.06.2022

OBRAS EN CENTROS EDUCATIVOS

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria suma máis de 73,8 millóns de euros en investimentos en obras de construción e ampliación en 31 centros educativos no período 2009/2014; un esforzo económico de gran importancia no contexto de crise económica, no que este tipo de actuacións se está a ver moi reducido en todas as Comunidades Autónomas. 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria suma máis de 73,8 millóns de euros en investimentos en obras de construción e ampliación en 31 centros educativos no período 2009/2014; un esforzo económico de gran importancia no contexto de crise económica, no que este tipo de actuacións se está a ver moi reducido en todas as Comunidades Autónomas.

 

Cómpre salientar que neste período se construíron xa 5 centros totalmente novos, en concreto o CEIP de Arteixo, o IES do Milladoiro (Ames), o CEIP Amadeo Rodríguez Barroso (Ourense), o CEIP Xesús Golmar (Lalín) e o CEIP de Sigüeiro (Oroso) – que abrirá as súas portas en setembro, que xa por si mesmos suman un investimento en obras de máis de 25,1 millóns de euros. Ademais, neste momento está en construción o novo CEIP de Nós (Oleiros) e en licitación os IES de Carral e Culleredo, o que supón un importe total de case 12 millóns de euros.

 

Actuacións en execución ou licitación

 

Do investimento total de 73,8 millóns, máis de 25,6 millóns correspóndense coas obras que a Consellería ten neste momento en execución ou licitación en 10 centros educativos:

 

- novo CEIP de Sigüeiro (abre as súas portas en setembro) - ampliación do CEIP Padre Feijoo (Allariz) - novo aulario de infantil do CEIP Vales Vilamarín (Betanzos)

- CEIP de Nós (Oleiros) - novos aularios dos CEIP Sada y sus Contornos e CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña).

- En licitación: IES de Carral e de Culleredo

- ampliación do CIFP As Mercedes

- está previsto publicar neste mesmo ano a licitación das obras para a ampliación do aulario de infantil do CEIP Otero Pedrayo (A Laracha).

 

Actuacións xa rematadas

A consellería ten rematadas ademais as actuacións en 21 centros por importe de preto de 50 millóns, en concreto de 48,2. Na provincia da Coruña, a maiores dos dous novos centros CEIP Arteixo e IES Milladoiro, están rematadas as obras no CEIP Ramón Cabanillas (Santiago), o CEIP Os Muiños (Muxía), o CEIP Zalaeta (Coruña), o CEIP A Igrexa-Calo (Teo), o CEIP Bergantiños (Carballo) e o CEIP de Ventín.

 

No que respecta aos centros pontevedreses, realizáronse melloras no CEIP A Pedra (Bueu), no CEE Saladino Cortizo (Vigo), no CEIP Antonio Palacios (O Porriño), o CEIP Virxe do Rocío (Vigo), no CEIP F. Bouza Brei (Ponteareas) e no CEIP Pérez Viondi (A Estrada). Do mesmo xeito, desenvolvéronse xa 2 das 3 fases das obras para a reforma integral do CEIP Froebel (Pontevedra).

 

No referido á provincia de Ourense construíuse un novo edificio para o CEIP Amadeo Rodríguez Barroso, e desenvolvéronse importantes actuacións de mellora e ampliación no CEIP Chamoso Lamas (Carballiño), no CEIP Otero Pedraio (Ourense).

 

No caso da provincia de Lugo, o departamento educativo da Xunta de Galicia realizou actuacións no CEIP Monterroso, e executou os traballos de reforma, adaptación e mellora de espazos e elementos construtivos do IES Dionisio Gamallo Fierros (Ribadeo).

 

OBRAS EN CENTROS EDUCATIVOS
Comentarios