jueves. 30.06.2022

PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares)

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incorpora este curso 2014/2015 un total de 33 centros educativos públicos ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE). 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incorpora este curso 2014/2015 un total de 33 centros educativos públicos ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE).

 

Así, o curso que vén participarán nesta iniciativa, enmarcada no Plan LÍA 2010-2015 de bibliotecas escolares para a lectura, a información e a aprendizaxe, un total de 550 centros de ensino públicos de Galicia.

 

Dos centros participantes neste curso 2014/2015 , a maior porcentaxe son CEIP, un 53%, mentres que o 31% son IES e o 7% son centros públicos integrados (CPI). Así, acóllense a esta iniciativa o 69% dos IES de Galicia, o 60% dos CEIP de máis de 6 unidades; así como o 58% CPI, nos cales estuda maioritariamente alumnado de zonas rurais.

 

A incorporación dos centros de ensino a este plan supón un apoio extra por parte da Administración educativa para a actualización dos fondos bibliotecarios, a renovación do mobiliario e doutros equipamentos necesarios para a prestación dos servizos da biblioteca. De feito, o orzamento do PLAMBE para o curso 14/15 ascende a 810.000 euros.

 

PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares)
Comentarios