A tenente de alcaldesa e edil de Desenvolvemento Local, Ana Abelleira, visitou este xoves o stand móbil que o Concello de Lugo instalou con motivo da campaña de rebaixas dentro do movemento Localmente Lucense, promovido pola alcaldesa cun investimento dun millón de euros, co obxectivo de impulsar a economía dos barrios de Lugo, a través de fortalecer e incentivar a compra nos comercios e na hostalería da cidade.
Ana Abelleira explicou que “este stand percorrerá, ata o vindeiro 31 de xaneiro, os diferentes barrios da cidade; nel todas as persoas que presenten un tícket de compra, dun mínimo de 5 euros dalgún dos establecementos adheridos ao movemento Localmente Lucense, recibirán como agasallo unha bolsa reutilizable coa imaxe da campaña”.
Deste xeito, explicou a edil “queremos premiar e agradecer o compromiso dos cidadáns cos establecementos de proximidade da cidade, que son os que dan vida aos nosos barrios e o motor da nosa economía”. Ademais, tal e como apuntou, tamén se habilitou un espazo fixo no viveiro de empresas da Tinería, nº 36, onde se poderán presentar os tíckets con data de validez dende o 13 ata o 31 de xaneiro.
A maiores, as persoas que se inscriban na web www.localmentelucense.gal -onde tamén se encontra o listado de establecementos participantes- poderán participar nunha ruleta da fortuna que, mediante un pulsador, adxudicará un premio seguro, desde chapas e adhesivos a 250 experiencias que consisten en lotes de produtos ou servizos ofrecidos polos locais asociados ao movemento (comidas, roteiros de tapas, experiencias de saúde e benestar, beleza e estética, etc.).
O horario de atención será de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas en ambos puntos. Os emprazamentos e datas do recorrido do stand móbil son as seguintes:
Xoves 20 de xaneiro
Avenida da Coruña (Fronte ao Parque da Milagrosa).
Venres 21 de xaneiro
Rúa Ourense (Cruce con Rúa Lamas de Prado, Rúa dos Gardas e Rúa Quiroga).
Luns 24 de xaneiro
Praza Mártires de Carral
Martes 25 de xaneiro
Rúa Doutor Rafael de Vega (cruce con rúa Montero Ríos)
Mércores 26 de xaneiro
Camiño Real (Cruce con Rúa Esquecemento)
Xoves 27 de xaneiro
Ronda das Fontiñas (Cruce con Rúa San Xillao)
Venres 28 de xaneiro
Praza do Rei
Luns 31 de xaneiro
Ponte Vella de Lugo
Sorteo de 250 experiencias e premios
Para participar no sorteo deberán seguirse os seguintes pasos: realizar unha compra por importe mínimo de 5€ en calquera dos establecementos adheridos ao movemento Localmente Lucense. Validar o ticket de compra no stand móbil ou no stand permanente. Estar inscrito na web da campaña; en caso contrario, poderá inscribirse escaneando un código QR que se proporcionará no stand. Unha vez realizada a inscrición, recibirase un email na conta de correo que se deberá mostrar ao persoal de atención. A partir dese momento xa se poderá participar dándolle ao “pulsador” do “Carrusel de Premios” e ser un dos agraciados.
En total, sortearanse 250 experiencias consistentes en: 30 Rutas de Tapas; 20 Catas de Viño; 20 Catas de Queixo; 20 Catas de Produtos autóctonos; 20 Catas de Cervexa; 60 Experiencias de Saúde e Benestar; 25 Experiencias de Beleza e Estética; 60 Visitas guiadas “A Identidade dos teus barrios”; 20 Rutas de Shopping.
As datas de desfrute das experiencias serán entre o 25 de febreiro e o 30 de xuño de 2022. Ademais, os participantes entrarán no sorteo de 2.500 chapas e 12.000 adhesivos de diferentes deseños exclusivos da campaña “LocaLmente Lucense”.