viernes. 24.01.2025

Os máis de 60 mozos e mozas de 3º da ESO e FP básica do IES Lauro Olmo que participan este ano no proxecto de educación en valores "Activistas polo mundo queremos" adicarán este luns 21 de febreiro a gravar varios programas de radio para loitar contra o machismo, os abusos ambientais ou o discurso de odio contra a migración e o colectivo LGTBIQ+.

En obradoiros anteriores aprenderon o que significa ser unha persoa activista tanto na Galiza coma noutras partes do mundo. Tamén reflexionaron sobre como as ferramentas comunicativas como a radio, pódenlles axudar no seu activismo.   Agora os mozos e mozas, como se fosen auténticos xornalistas, tras investigar e facer os guións das súas reportaxes, locutarán e  gravarán en “falso directo” os seus propios programas de radio de denuncia e transformación social.

Así o alumnado de O Barco súmase os case cincocentos mozos e mozas que dende Redondela, Cambre, Pastoriza, Monforte e Caldas de Reis participan este ano na que xa é a 9º edición de "Activistas polo mundo queremos". Un proxecto de educación para a cidadanía global que é posible grazas a unión de tres ONGDs, Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e ao  financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE.

Forma parte da plataforma de innovación educativa ‘Plan Proxecta’, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Parte importante deste traballo é a propia difusión, así que dende Activistas polo Mundo que Queremos convidamos aos medios de comunicación a que compartan esta información e acudan as gravacións para darlle voz aos mozas e mozos, verdadeiros protagonistas deste proxecto.

HORARIOS DA  GRAVACIÓN DO PROGRAMA RADIAL:

Luns 21 de febreiro: IES Lauro Olmo ( O Barco de Valdeorras, Ourense).

·       3º A ESO: 10:30h - 12:10h

·       3º B ESO: 12:30h- 14:10h

·       FP BÁSICA: 15:40h - 17:20h

Adolescentes de O Barco crean programas de radio para loitar contra as inxustizas