jueves. 28.03.2024

O Carballiño promociónase en Madrid.

O Concello do carballiño, a través da súa area de turismo, ven de contratar unha valla publicitaria na Estación da Avenida de América en Madrid. A acción enmárcase dentro do plan de dinamización turística que está a levar a cabo o goberno local e que conta, según palabras do concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal, "establecer unha serie de actuacións para aprobeitar a oportunidade que surxiu logo da chegada do Ave a Ourense".

valla-madrid-pulpo

O Concello do carballiño, a través da súa area de turismo, ven de contratar unha valla publicitaria na Estación da Avenida de América en Madrid. A acción enmárcase dentro do plan de dinamización turística que está a levar a cabo o goberno local e que conta, según palabras do concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal, "establecer unha serie de actuacións para aprobeitar a oportunidade que surxiu logo da chegada do Ave a Ourense". Dende o goberno municipal afirman que o Carballiño é unha das vilas de Galicia que atrae a máis turistas e que conta con numerosos recursos de tipo medioambental, arquitectónico e gastronómico. Ademais tamén están ultimando a programación de verán ca que pretenden dar continuidade , logo das restriccións do covid, ás actividades que supuxeron un éxito nos últimos veráns e foron un verdadeiro motor económico para os diversos sectores da vila.

A campaña que se pón en marcha con esta acción realizase a través dun anuncio nunha valla publicitaria na Estación da Avenida de América, que xa está instalada, en pleno centro da capital de España. Unha infraestructura que é un intercambiador de transportes de Madrid, que conta con línea de metro e autobuses urbanos , interurbanos e de longo percorrido. Pola mesma, pasán ó mes, máis de seis millóns de viaxeiros, polo que o concello conta ter un importante impacto con esta campaña, na que a festa do pulpo é a gran protagonista e na que tamén se fai referencia ó templo da Veracruz,ós balnearios da vila e ó parque etnográfico do Carballiño.

O Carballiño promociónase en Madrid.