Nova cita co automóbil en Ourense. Dende este venres 30 de outubro e ata o domingo 1 de novembro, o recinto feiral acollerá o 7º Salón do Automóbil adicado neste caso aos Vehículos de Ocasión e que volve estar organizado por Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O. Participarán todos os concesionarios oficiais que presentarán unha ampla oferta de vehículos de Ocasión, un concepto no que entran os coches de kilómetro cero, seminovo, de xerencia, substitución, mostra ou segunda man. Os que merquen un coche nesta cita poderán participar tamén no sorteo dun desconto de 6.000 euros.
As principais novidades deste ano son o patrocinio de ABANCA e o feito de que todos os vehículos expostos neste salón estarán revisados por Applus+ Automotive, empresa de recoñecido prestixio que presta servizos de inspección regulamentaria de vehículos e solucións para ensaios de emisións e gas a nivel mundial, e que fará una exhaustiva revisión dos vehículos expuestos para garantizar a súa total conformidade. A través do seu programa Applus+ VO, levará a cabo a revisión dos máis de 300 vehículos expostos co obxectivo de asegurar o cumprimento dos estándares de seguridade, fiabilidade mecánica, estética e comercialización.
As revisións levaranse a cabo os días 29 e 30 de outubro coincidindo coa entrada dos automóviles ó recinto de Expourense. Á hora de mercar un coche de ocasión, dende A.C.A.U.T.O. recomendan acudir a profesionais, xa que estes ofrecen unas garantías inexistentes nas transaccións entre particulares.
Por Lei, hai que ofrecer un ano de garantía total, sendo moitas as empresas que extenden esa garantía ata dous anos ou máis no caso dos vehículos seminovos (de 0 a 3 anos). Outra vantaxe é a xestión da documentación do proceso de compra-venda, da que se encarga o profesional. A oferta presentada neste salón será ampla puidendo atoparse vehículos dende 3.000 euros, aínda que o “vehículo tipo” nesta cita será o do mercado de ocasión en España, isto é, un coche que ronda os 13.000 euros e que conta con ata cinco anos de antigüidade (segundo datos da Federación de Asociacións de Concesionarios, F.A.C.O.N.A.U.T.O.).
Os datos indican que en Galicia por cada coche novo véndense dous de ocasión, incluíndo tamén as compras entre particulares. Isto provoca que haxa cada vez maior demanda e menor oferta, polo que acudir a este salón se converte nunha boa oportunidade para os que anden a busca dun vehículo deste tipo, xa que poderán cocñer sen saír do recinto boa parte da oferta na provincia neste mercado.
Como en todas as feiras que organiza Expourense, aqueles que se acheguen en tren ata Ourense nos días de celebración deste salón poderán beneficiarse dun 35% de desconto en todas as liñas, incluído AVANT. Pode descargarse o bono na páxina web www.expourense.org. O horario de feira será de 11.00 a 20.00 h. o venres 30 de outubro, de 10.00 a 20.00 h. o sábado e de 11.00 a 20.30 h. o domingo. O prezo de entrada será de 3 euros e os menores de 12 anos poderán entrar gratis.