martes. 03.12.2024

Apostando forte, presentando en primicia en España distintos modelos e ofrecendo as últimas novidades con descontos especiais de feira. Con máis de 300 vehículos expostos valorados en total en máis de 5 millóns de euros, abriu este venres as súas portas o 8º Salón do Automóbil Novo contando coa participación de todos os concesionarios asociados a A.C.A.U.TO., é dicir, 17 empresas que presentan os últimos modelos de 33 marcas.

 

O 8º Salón do Automóbil, organizado de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.TO. foi inaugurado este venres nun acto no que participaron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o presidente do comité executivo de Expourense, Juan Carlos Parada. Todos eles destacaron o peso do sector do motor para a provincia de Ourense. Tamén estivo presente o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra, entidade que por segundo ano consecutivo patrocina este salón.

 

Pola súa parte, o vicepresidente de A.C.A.U.TO., Gerardo Aragonés, aproveitou para agradecer a súa participación a todas as entidades relacionadas con esta edición como é o caso do Servizo Municipal de Deportes por facilitar o reparto de invitacións para visitar o salón entre aqueles corredores, maiores de idade, que participen Carreira Popular de San Martiño que se celebrará este domingo día 20 de novembro. A entrega farase no momento da recollida do dorsal.

 

Tamén quixo dar as grazas á Cáritas “por deixarnos achegar o noso grao de área. Calculamos que ao final do salón A.C.A.U.TO. poida entregarlles máis de 5.000 euros”. Por cada vehículo vendido, o concesario correspondente faralle unha doazón de 15 euros a esta entidade. Ademais, se o gañador do bono desconto de 6.000 euros tivera mercado un vehículo por un importe inferior, esa diferencia tamén se destinaría a Cáritas.

 

Neste 8º salón tamén se está a colaborar con “Stop Accidentes” que contan cun stand informativo nestas citas e no que entregarán a aqueles interesados un adhesivo que ofrece (segundo a marca e o modelo do coche) unha “Folla de Ruta” que inclúe un plano do vehículo que facilitará o traballo dos bombeiros no caso de que fose preciso realizar unha excarcelación.

 

Como incentivo para animar a os visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun autómobil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do precio de compra do vehículo adquirido.

 

O obxectivo destas citas é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes. Trátase dun público obxectivo e amplo que poderá consultar nun mesmo espazo e de forma axeitada toda a oferta existente no mercado ourensán, e comparar opcións antes de decidir a compra do seu vehículo. Por primeira vez contarase ademais cun servizo de ludoteca.

 

O horario do 8º Salón do Automóbil para esta fin de semana será de 10 a 20:30 o sábado e de 11.00 a 20.00 h. o domingo. Hoxe estará aberto ata as 20.30 h.

 

O prezo da entrada son 3 euros (menores de ata 12 anos entrada gratuíta). A vindeira fin de semana celebrarase o 8º Salón do Automóbil de Ocasión.

 

NOVIDADES AUDI - Q2; A5 BMW - X1; MODELOS "X" CITROEN - C3; C4 PICASSO DS - SERIE LIMITADA PERMORMANCE FIAT - TIPO 3 VERSIÓNS (SEDAN ; SW ; HATCH BACK 5 PUERTAS) FORD - EDGE; KUGA; KA + HYUNDAI - LONIQ KIA - OPTIMA SPORTWAGON; NÍRO HÍBRIDO CROSSOVER MAZDA - MAZDA 3 ; MAZDA 6 MERCEDES - GLC COUPE PEUGEOT - 3008 RENAULT - SCENIC ; GRAND SCENIC SEAT - ATECA SKODA - OCTAVIA COMBI RS; NUEVA GAMA LIKE SKODA SUZUKI - S-CROSS TOYOTA - RAV4 HÍBRIDO; PRIUS; CHR VOLKSWAGEN - UP!; TIGUAN; TOURAN R-LINE VOLVO - S90

Expourense convértese no maior concesionario de Galicia