viernes. 29.03.2024

Manuel Baltar analiza cos directivos de Escudería Ourense a vindeira edición do Rally de Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao presidente de Escudería Ourense, Antonio Fernández, e directivos da escudería con quen, xunto ao asesor de Deportes da institución provincial, Bernardino González, falou dos aspectos organizativos e de coordinación da vindeira edición do Rally de Ourense.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao presidente de Escudería Ourense, Antonio Fernández, e directivos da escudería con quen, xunto ao asesor de Deportes da institución provincial, Bernardino González, falou dos aspectos organizativos e de coordinación da vindeira edición do Rally de Ourense. Manuel Baltar destacou que o Rally de Ourense "é o evento deportivo máis importante do calendario anual da nosa provincia, e por iso, a Deputación, ano tras ano, exceptúao do réxime xeral de subvencións e concédelle unha subvención directa, a máis alta da historia da Deputación, que este ano ascende a 40.000 euros".

 

O presidente do goberno provincial considera que nos días que se desenvolve esta actividade "o retorno económico para a provincia ninguén o pode poñer en dúbida e mesmo hai un estudo elaborado polo Campus de Ourense que acredita que Ourense neses días convértese nun foco de atracción para visitantes e dinamízase o comercio a hostalería e sobre todo a imaxe da provincia".

 

Baltar amosou o seu apoio ao labor que ven desenvolvendo Escudería Ourense e subliñou que o Rally de Ourense foi considerada en varios anos a mellor proba do campionato de España para os órganos federativos nacionais, e consecuentemente desde 1967 "constitúe unha cita ineludible para o calendario deportivo nacional en materia de automoción". "O impacto mediático e económico que esta proba deixa na provincia supón un pulo importante para a economía provincial, o fomento do deporte do motor e a promoción turística e termal da provincia de Ourense", afirma Manuel Baltar.

Manuel Baltar analiza cos directivos de Escudería Ourense a vindeira edición do Rally...