martes 24/5/22

Manuel Baltar visita dúas obras financiadas pola Deputación no concello de San Amaro

O presidente da Deputación foi recibido na Casa do Concello polo rexedor, Fernando Redondo, e membros do seu equipo de goberno. Manuel Baltar definiu esta visita como “un novo exemplo da cooperación que mantemos cos alcaldes, que saben que teñen no goberno provincial a un aliado para apoiar as propostas e proxectos que nos formulan”.
baltar-san-amaro

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, realizou hoxe unha visita institucional ao concello de San Amaro para coñecer, na compaña do alcalde do municipio, Fernando Redondo, dous proxectos de obras financiadas pola institución provincial. Estas actuacións están situadas na localidade de Anllo, na que se está remodelando o local social dos veciños; e no núcleo de Cruceiro, que se beneficiará dun proxecto de eficiencia enerxética para sustituír as luminarias por tecnoloxía led.  

Manuel Baltar foi recibido na Casa do Concello polo rexedor e membros do seu equipo de goberno, e despois percorreu diferentes puntos do municipio, incluíndo as obras que se están a levar a cabo ou están proxectadas coa financiación da Deputación. “Esta visita é un novo exemplo da cooperación que mantemos cos alcaldes, que saben que teñen neste goberno provincial a un aliado para apoiar as propostas e proxectos que nos formulan, como fai o alcalde de San Amaro. A Deputación é a institución máis próxima aos concellos”.  

Na procura de que os municipios presten os mellores servizos públicos, engadiu Manuel Baltar, “atendemos esas necesidades cando temos capacidade para facelo e buscamos a colaboración institucional cando é preciso, como fixemos para a remodelación do campo de fútbol de Salamonde, feita en cooperación coa Xunta de Galicia”. 

Fernando Redondo definiu a Manuel Baltar “como o gran valedor de todos os concellos do rural”. O alcalde de San Amaro agradeceu a presenza do presidente da Deputación e a súa disposición a colaborar na mellora do local social de Anllo, “onde a veciñanza poderá agora levar a cabo todo tipo de actividades nas adecuadas condicións”. 

Xa en Cruceiro, Manuel Baltar coñeceu sobre o terreo outro proxecto financiado pola Deputación, neste caso de eficiencia enerxética para renovar as luminarias por tecnoloxía led. Ademais, o rexedor prantexou ao goberno provincial unha segunda actuación nesta mesma localidade para mellorar a seguridade viaria, instalando dous pasos peonís na estrada que atraviesa este núcleo de poboación do concello de San Amaro . 

 

Manuel Baltar visita dúas obras financiadas pola Deputación no concello de San Amaro
Comentarios