jueves. 18.04.2024

A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación do proxecto de substitución do alcantarillado, a creación da rede de augas pluviais e as novas tubaxes para a auga potábel na rúa Andrés Mellado e na praza de Galicia.

O portavoz do Goberno e responsábel do Ciclo da Auga, Raimundo González explicou que unha das prioridades do Goberno é facer a rede separativa de augas fecais e pluviais para trasladar ao río as augas pluviais e as fecais para a depuradora, e evitar deste xeito que unha parte importante das augas pluviais cheguen á depuradora.

A obra é de 372.226,93 euros, e comezará nas vindeiras semanas.

372.000 euros para a rede separativa da praza de Galicia