viernes. 29.03.2024

Os principais directivos de asociacións e empresas dedicadas á organización de feiras, congresos e eventos de negocios en España estarán en Pontevedra durante as xornadas deste xoves e venres para participar no Foro de Asociacións da Industria Española de Reunións e Eventos.

O programa foi presentado hoxe pola concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, e o presidente da Asociación Galega de Feiras (Agafe), Alejandro Rubín. A cita cos directivos do “cluster” feiral español será na Casa das Campás.

Está confirmada a asistencia da totalidade da directiva da Asociación de Feiras de España (AFE) encabezada polo seu presidente, José Antonio Vicente Barrallo.

O xoves celébrase unha xuntanza interna sobre o turismo de negocios e incentivos (MICE, polas súas siglas en inglés).

Xa o venres a programación arranca coa inauguración oficial e inclúe a presentación do último informe da Organización Mundial do Turismo, un informe sobre o panorama feiral galego e o papel de Pontevedra como destino para a organización de feiras e congresos. Finalmente, ofértase unha mesa redonda sobre as perspectivas da industria española de reunións e eventos.

Carlota Román destacou que Pontevedra acollerá este ano seis feiras e 12 congresos, xunto con varios eventos de menor formato. Estas cifras son aínda provisionais, porque xa están consolidándose outros dous ou tres congresos, dos sectores médico e enerxético, a maiores. A concelleira subliñou que contando cunha infraestrutura de tamaño medio e ben integrada no tecido urbano, o que fai innecesario contar con transporte, xunto cunha política municipal ben orientada, estanse a conseguir magníficos resultados.

A concelleira falou dun cambio de modelo no sector feiral galego, o que contrasta coa previsión de Pontevedra de captar un mínimo de 50.000 visitantes coa súa programación feiral. Encadrou a celebración do foro de AFE como unha continuación ás visitas á cidade, ao longo dos dous últimos anos, das presidentas da Spain Convention Bureau e da asociación de Organizadores Profesionais de Congresos (OPC España).

Alejandro Rubín recalcou que o sector vive un momento de cambio, no que cobran todo o sentido os eventos ben conectados co tecido empresarial e as necesidades expresadas polos empresarios. Admitiu que algúns destinos poden estar pagando un alto prezo pola sobreoferta dos últimos anos e, por iso, engadiu, cómpre valorar o crecemento de Pontevedra da man dun Recinto Feiral de tamaño medio e unha política de promoción singular.

Hoxe ábrense moitas oportunidades de xerar actividade, engadiu. Os socios de AGAFE celebran un total de 40 feiras en Galicia durante este ano e a organización está traballando nun estudo coa Universidade de Vigo para medir, cientificamente, o impacto socioeconómico deste tipo de eventos.

Programa (provisional) do Foro de Asociacións da Industria Española de Reunións e Eventos Xoves, 8 de maio

17.30 h : Reunión privada do foro MICE. Lugar: Casa das Campás.

19.00 h : Visita guiada á cidade.

20.00 h: Cata de vino na sede da denominación de orixe Rías Baixas.

Venres, 9 de maio

09.00 h: Visita á Praza de Abastos de Pontevedra.

10.00 h : Inauguración. Carlota C. Román, concelleira de Promoción Económica. José Antonio Vicente, Presidente de AFE.

10.00 h: Presentación do Foro de la Industria Española de Reuniones y eventos: Informe da Organización Mundial del Turismo (OMT).

11.00h: Presentación das diferentes empresas do sector feiral congresual de eventos e de Reunións Galegas. Pontevedra como destino para a organización de eventos reunións congresos e feiras.

12.00 h: Mesa redonda con posterior coloquio: “Perspectivas da Industria Española de Reunións e eventos”.

Resumo e conclusións. Reunión coas empresas e asociacións do sector en Galicia.

Panel de relatores: 

José Antonio Vicente Barrallo, presidente de AFE y director del Recinto Ferial Zaragoza.

Francisco Quereda Rodríguez, cofundador de AFE, director del Malaga Convention Bureau y presidente de la MPI (Meeting Professionals International) (la organización española dedicada a la organización de eventos internacionales).

Carmen Aguirregomezcorta Soler, secretaria general del capítulo ibérico de ICCA, o sea de la Asociación Internacional de Congresos y Convenciones, que agrupa a las empresas y centros de congresos de España y Portugal.

Elisabeth Martínez Teixidó, vicepresidenta de SITE Spain. O sea de la Sociedad de Incentivos y Viajes de Ejecutivos, que es la única organización mundial y profesional que desde 1973 vincula directivos de empresas y viajes de Incentivo.

Juan Antonio Casas Valcárcel, presidente de Spain DMC. Se trata de una empresa de servicios profesionales que, como indican sus siglas en inglés “Destination Management Company” ayuda a sus clientes a alcanzar los objetivos fijados para sus eventos corporativos, operados en un determinado destino, especializándose en el diseño, realización y coordinación logística de programas para grupos y eventos de todo tipo, incluyendo alojamiento, actividades, tours, transporte, etcétera. 

Luis Díaz Martínez, director ejecutivo de DMC.

Alvaro Muñiz Suárez, director general de la Feria Internacional de Muestras de Asturias. 

María José Uceda Martín, secretaria general de AFE.

A Asociación de Feiras de España celebra o seu Foro anual en Pontevedra