martes 17/5/22
Armenteira

A Deputación adxudica a Covsa a urbanización da estrada EP-9406 de acceso a Armenteira, que conta cun orzamento de 518.000 euros

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra adxudicou, na súa reunión desta mañá, as obras de urbanización da estrada EP-9406, no contorno de Armenteira, á empresa Covsa.

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra adxudicou, na súa reunión desta mañá, as obras de urbanización da estrada EP-9406, no contorno de Armenteira, á empresa Covsa.
Os traballos contan cun orzamento de 518.000 euros e afectarán ao treito comprendido entre o quilómetro 15 e o 15,4, que da acceso aos núcleos próximos ao Mosteiro de Armenteira, así como ao propio santuario e á Pousada.
As obras permitirán darlle a este treito da estrada provincial un carácter máis urbano, colocando mobiliario urbano e dotando a zona de áreas axardinadas e alumeado público.
A actuación implicará a reordenación do tráfico, dado que se deseña un vial que vai permitir a circulación en dobre sentido, con carrís de 3,25 metros de ancho en boa parte da estrada, pero non no treito comprendido entre o punto quilométrico 15+000 (onde se construirá unha rotonda) e a urbanización do Mosteiro de Armenteira, que será de sentido único.
Peóns
Co obxecto de facilitar o tránsito de peóns e vehículos e para mellorar a seguridade viaria, crearase no contorno do Mosteiro unha zona reservada para estacionamento de autobuses e ao longo da estrada habilitaranse áreas de aparcamento.
Tamén se crearán áreas de descanso e lecer para os viandantes, ademais da canalización dos servizos de saneamento, abastecemento, recollida de pluviais…
Os traballos incluirán, ademais, a creación dunha senda peonil accesible de 1,8 metros de ancho que comunique os distintos núcleos poboacionais do treito co mosteiro de Armenteira.

A Deputación adxudica a Covsa a urbanización da estrada EP-9406 de acceso a Armenteira,...
Comentarios