viernes. 29.03.2024

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Cangas asinarán nos próximos días un convenio de colaboración para a reforma do campo de fútbol do Morrazo, no que xoga o Alondras.Os traballos contan cun orzamento de 600.000 euros e suporán a derruba completa das bancadas, que presentan numerosas deficiencias, e a construción doutras novas.

Tamén se procederá á derruba dos vestiarios e das dependencias sociais situadas no baixo das bancadas, e á construción de novos locais. Así, incrementarase o número de vestiarios, que na actualidade resultan insuficientes para atender a demanda; mellorarase a accesibilidade, colocando ramplas de acceso para persoas con mobilidade reducida e baños adaptados; ademais de mellorar os accesos e outras reformas.

A Deputación asinará un convenio co Concello de Cangas para a reforma do campo do...