jueves. 28.03.2024
Obradoiros de capacitación tecnolóxica

A Deputación programa durante o mes de setembro 28 obradoiros de capacitación tecnolóxica para micropemes e autónomos nos puntos CPAE 2.0

O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 (CPAE 2.0) da Deputación, onde as pequenas empresas e autónomos da provincia de Pontevedra atopan asesoramento TIC especializado, individualizado e continuado, inicia un mes de setembro de intensa actividade, coa programación de 28 obradoiros de capacitación tecnolóxica nos puntos CPAE 2.0 de Lalín, Cambados, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra e Vigo.

O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 (CPAE 2.0) da Deputación, onde as pequenas empresas e autónomos da provincia de Pontevedra atopan asesoramento TIC especializado, individualizado e continuado, inicia un mes de setembro de intensa actividade, coa programación de 28 obradoiros de capacitación tecnolóxica nos puntos CPAE 2.0 de Lalín, Cambados, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra e Vigo.


No CPAE 2.0 da Deputación de Pontevedra ofréceselles ás micropemes e autónomos, sen custo algún, servizos de información, análise e asesoramento sobre o uso das TIC, información na incorporación das Novas Tecnoloxías, capacitación tecnolóxica, demostración de produtos e solucións a través das TIC, acompañamento para o uso do comercio electrónico e procura de axudas e subvencións no ámbito tecnolóxico. Trátase dun servizo personalizado, individualizado e prolongado no tempo no que se acompaña ás empresas na incorporación de ferramentas informáticas que melloren a súa competitividade e produtividade. As seis oficinas, situadas en cada unha das comarcas de Pontevedra, están atendidas por asesores TIC altamente cualificados e por un equipo de coordinación de cinco persoas que se encargan de xerar os contidos e de resolver as cuestións más complexas.


Un dos servizos máis demandados por estes empresarios é o de capacitación tecnolóxica. O pasado mes de xullo organizáronse 47 eventos deste tipo en todos os puntos CPAE 2.0, ós que asistiron máis de 450 empresarios e autónomos. Neles tratáronse temas coma seguridade informática, adecuación de sistemas á LOPD e á LSSICE, e proporcionóuselles información ós asistentes sobre as plataformas de comercio electrónico. Os relatorios sobre estas materias foron impartidos por especialistas cualificados.


Para este mes de setembro xa están programados 28 obradoiros que se impartirán nas aulas de actividades anexas ós despachos de asesoramento, en cada un dos seis puntos CPAE 2.0 distribuídos por toda a provincia de Pontevedra. Estes darán servizo a aquelas pequenas empresas con menos de cinco empregados, profesionais autónomos e emprendedores das diferentes comarcas pontevedresas.


No mesmo mes de setembro terán lugar diferentes sesións maxistrais de temática legal sobre aspectos estratéxicos da propiedade industrial no sector das TIC (signos distintivos, know-how ou patentes, entre outros) que serán impartidas por Eli Salís, director de PwC Tax & Legal Services e responsable da Axencia de Propiedade Industrial da especialidade de intanxibles de PwC. Ademais repetiranse as sesións sobre seguridade informática que tanto interese espertaron entre os asesorados no mes de xullo.

Más información: www.depo.es

 

 

 

 

 

 

 

A Deputación programa durante o mes de setembro 28 obradoiros de capacitación...