martes. 12.11.2024

A Concellaría de Festas volve a convocar o tradicional Concurso de Maios que se celebrará o vindeiro 1 de maio na praza da Ferraría. As bases son as seguintes:
O Concello de Pontevedra convoca a todos os nenos e nenas, mozos e mozas, asociacións culturais, veciñais e xuvenís a participaren no concurso de Maios que se vai a celebrar o día 1 de maio ás 11:00 horas na Praza da Ferraría, de conformidade coas seguintes bases:
No intre da inscrición deberán presentar 10 copias dos cantares xunto cunha solicitude na que conste, a lo menos, o nome, DNI e enderezo do solicitante. Os maios concursantes terán dereito á tradicional rosca e a unha gratificación de 150 €, agás que o xurado o descualifique por non cumprir as presentes bases.
O xurado estará integrado por un representante de cada un dos grupos políticos con representación municipal, e un máximo de catro persoas de recoñecida traxectoria no coñecemento e valoración da Festa dos Maios de Pontevedra.
Os maios participantes deberán presentarse ao xurado na Praza da Ferraría ás 11:00 da mañá. O concurso dará comezo ás 11:30 horas coa “Benvida ao maio”. As actuacións realizadas polos maios na Ferraría antes do comezo poderán ser valoradas Poderán participar todos os grupos, asociacións, centros educativos, etc., que estean inscritos na Casa do Concello de Pontevedra antes das 13:00 horas do día 28 de abril de 2015.
polo xurado nas súas puntuacións.
O xurado emitirá o seu veredicto a través da suma das puntuacións dos seus membros, obtidas polos maios en cada modalidade. O xurado seguirá, para as súas puntuacións, os seguintes criterios:
O maio será tradicional de Pontevedra, de forma cónica, de entre 1,5 e 2 metros de altura aproximadamente, adornado con produtos tradicionais (fiúncho, pampillos, margaridas, laranxas e ovos). Tamén se aceptarán, por ser tamén de tradición local, cartuchos (calas, camelias, rosas silvestres e bandeiriñas de papel. Calquera outro elemento de adorno será penalizado.
Os materiais que compoñen a estrutura non serán visíbeis a non ser os pés de maio e as andas, que serán de madeira.
Serán valorados elementos de tipo técnico (como a uniformidade do manto de fiúncho, a elaboración uniforme das coroas de pampillos, margaridas e laranxas, etc.) e artísticos (a distribución dos adornos no maio, a composición de formas e cores, etc.).
A coroa, no caso de presentarse, non deixará ver os materiais da estrutura. Poderá presentarse como remate do maio, ou mellor (por ser tradición en Pontevedra) en estrutura á parte enriba dun pé de madeira. Valorarase a composición de formas e cores, así como o motivo que represente.
Nas cantigas valorarase a retranca, a composición, o ritmo e a linguaxe utilizados.
Penalizarase o uso de palabras malsoantes e o uso de coplas copiadas de anos anteriores.
Na interpretación valorarase o emprego do canto tradicional do maio de Pontevedra, así como a entoación, ritmo e voz dos actuantes. Tamén se valorará o uso dos materiais de acompañamento (paos de man ou estadullos).
Quedarán á interpretación do xurado todos aqueles aspectos non contidos nos presentes criterios.
O ditame do xurado será inapelábel.
As letras dos maios premiados poderán ser publicadas polo Concello de Pontevedra, citando a procedencia e sen que os seus autores teñan dereito a percibir ningunha cantidade.
A orde de actuación dos maios será elexía por sorteo, antes do comezo das interpretación.
Trala entrega dos premios, o maio gañador realizará no palco unha nova actuación. Os premios serán os seguintes:
Premio ao maio 350
Premio ao maio 300
Premio ao maio 250
Premio ás cantigas 350
Premio ás cantigas 300
Premio ás cantigas 250
Premio á interpretación 350
Premio á interpretación 300
Premio á interpretación 250
Premio á coroa 350
Premio á coroa 300
Premio á coroa 250
Premio especial do xurado 400,00 €
Premio especial para Maios (figura)
A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.

Ábrese a convocatoria para participar no Concurso dos Maios