sábado. 20.04.2024

Baiuca e Andrés Suárez, protagonistas dunha nova edición do festival Sons de Ánkar en Poio

O concelleiro de Festexos, o nacionalista Xosé Luís Martínez, deu a coñecer este martes os nomes dos artistas que serán protagonistas nunha nova edición do Festival Sons de Ánkar, unha iniciativa impulsada en colaboración coa Deputación de Pontevedra. O evento terá lugar os días 8 e 9 de xullo, no parque de Ánkar, na parroquia de San San Salvador, coas actuacións de Baiuca e Andrés Suárez, respectivamente. Trátanse de concertos que darán comezo a partires das 22.00 horas do venres e do sábado e que serán de entrada gratuíta ata completar aforo.

sons-de-ankar

Tal e como explica o titular responsable deste departamento municipal, o Sons de Ánkar “é unha oferta de lecer plenamente consolidada, que naceu durante o contexto que vivimos durante a pandemia da COVID-19 en veráns anteriores e que chegou para quedarse”. Martínez Blanco salienta a traxectoria dos artistas que protagonizan esta nova edición do festival. Baiuca, o proxecto musical dirixido polo catoirense Alejandro Guillán, volve actuar en Poio despois de atraer a un gran número de asistentes ao concerto ofrecido no municipio o pasado verán. Pola súa banda, o ferrolán Andrés Suárez chegará ao Sons de Ánkar no medio dunha gran xira, na que, ademais de presentar os seus últimos temas, non faltan as súas cancións máis coñecidas, dentro dunha ampla traxectoria musical que comezou hai xa 20 anos. “Estamos a falar de artistas galegos que hoxe en día son coñecidos e referentes máis alá das nosas fronteiras, polo que estamos convencidos de que axudarán a continuar consolidando esta aposta musical como un dos pratos fortes do programa Verán en Poio”, sinala o concelleiro de Festexos.

Xosé Luís Martínez entende que esta proposta suporá “un pulo importante” que “tamén axuda a promocionar e atraer a visitantes ao noso municipio”. O Sons de Ánkar supón o punto de saída a unha programación musical ampla e do máis variada que se estenderá por todas as parroquias de Poio ao longo do verán, tanto a través de concertos como de actuacións programadas dentro de citas de referencia que volven este ano con toda a súa forza, como a Festa do Mar ou a Festa da Ameixa.

Baiuca e Andrés Suárez, protagonistas dunha nova edición do festival Sons de Ánkar en Poio