viernes. 29.03.2024

A biblioteca de Campelo modifica o seu horario de atención ao público ata a finalización das festas de nadal

Como xa ven sendo habitual nestas datas do Nadal, a Biblioteca Municipal de Poio, situada en Campelo, modificará o seu horario de atención ao público. Deste xeito, a Concellería de Cultura e Educación informa de que as instalacións permanecerán abertas desde o 22 de decembro, e ata o 7 de xaneiro de 2022, en horario matinal, entre as 11.00 e as 14.00 horas. Unha vez superadas estas semanas, as dependencias retomarán o seu horario habitual vespertino, de 16.30 a 19.30 horas.

biblioteca-poio

Ademais, o departamento tamén mantén tradicións como o sorteo dunha Cesta de Nadal entre aquelas persoas que realicen os seus préstamos nesta época do ano. O premio consistirá nun lote composto por diferentes libros, tanto para categoría infantil como adulto. De cara a finais de ano tamén se fará entrega dunha nova edición dos Premios Lector@s. A través desta iniciativa, a Concellería de Cultura e Educación agradece a fidelidade amosada por aquelas persoas que solicitaron un maior número de préstamos durante 2021. Os agasallos serán entregados pola titular da área, a nacionalista Raquel Rodríguez.

A Biblioteca Municipal de Poio pecha un ano que, tal e como lembra a propia edil do Goberno local, foi “moi especial”, xa que, ademais de aumentar o número de socios e socias e manter “un nivel moi importante na tramitación de préstamos”, tamén recibiu o Premio María Moliner por parte do Ministerio de Cultura.

A biblioteca de Campelo modifica o seu horario de atención ao público ata a...